Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Momentos nefastos para os desvalidos

viernes, 28 de agosto de 2015
Momentos nefastos para os máis desvalidos, para os máis malpocados, para os pobres de espírito. Algo máis de 70 refuxiados morreron asfixiados nun camión. Un cento de cadáveres (ou máis) na costa de Libia. Máis de 2.500 inmigrantes falecidos no Mediterráneo no que vai de ano. E o mundo sigue cos brazos cruzados, é dicir, mirando para outro lado, quizais para o Polo Norte. O sur e o este empeza a apestar.

Investigación policial a Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) por presunta corrupción. Segurísimo que hai corrupción (hoxe, practicamente toda a política está corrupta), pero… a un mes da cita catalá coas urnas! Ui, isto cheira a podre, cheira a unha nova caza de bruxas, como a que se fixo contra Podemos. Hai medo, moito medo á independencia catalá.

Está a piques de empezar o curso académico, o que significa un enorme desembolso de cartos para moitas familias, e o que tamén significa que o Goberno pásase polo forro a Constitución Española. Lembro ler algún artigo que di algo así como que a educación no noso país é gratuíta. Un conto chino, señores, un conto chino! Menos mal que a economía seica vai xa vento en popa. Iso din. E se o din os políticos, xa sabedes, cando o río soa…
A ver se este pesimismo da semana que deixamos se transforma en ben, polo menos sentimental, coa semana que iniciamos encol da novena da Nosa Señora dos Milagres de Baños de Molgas. Que o optimismo roule por todo o val do Medo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES