Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non é unha carga é o meu irmán

viernes, 18 de septiembre de 2015
A imaxe é así de poderosa. A penas precisa palabras. Un neno leva no lombo a outro neno máis pequeno. Discapacitado. E unha lenda debaixo: ‘Non é unha carga, é o meu irmán’. Trátase do cartel dalgunha organización solidaria.

O malo é cando os necesarios valores da solidariedade, da fraternidade empezan a ter prezo. O malo é cando ós números da economía impóñense sobre os rostros das persoas. O malo é cando os euros, yens, dólares pesan sobre o lombo dos seres humanos, os máis discapacitados económicamente, sobre os pobres de terra, sobre os empobrecidos por credos económicos, crueles, insolidarios.

Non é unha carga, é o meu irmán. A poderosa Europa non soporta no lombo a Grecia, un pequeno país que apenas chega ao 2% do PIB europeo. A insolidaria Europa non soporta as oleadas de inmigrantes expulsados cara a ningures pola ditadura do credo neoliberal que impón a todo o planeta os donos do mundo, polo cambio climático ao que son tan alleos.

‘Ain’t heavy, he’s my brother’ é o título da estupenda canción popularizada no abrente da música pop, e convertida hoxe nunha especie de himno da fraternidade. O grupo The Hollies rexistrou esta emocionante balada, con Elton John no piano e o cantante

Allan Clarke, que deu un toque sentimental á letra.
Mentres escoitamos a canción preguntámonos, son unha carga as pensións dos avós? Non pode a sociedade cargar no lombo aos dependentes? Xa non hai cartos para mandar á universidade aos fillos dos traballadores? A sanidade universal e gratuíta para os que viven aquí deixou de ser servizo para pasar a negocio?

Está a soar outra vez o estribillo, ‘Ain’t heavy, he’s my brother’, deste himno á fraternidade vella como a cristianismo, como os preceptos do Islam, como os principios da Revolución Francesa, pero que xa non collen na balada triste dos euros, da débeda externa eterna, dos intereses cobizosos dos financeiros.

Pesan tanto as familias decentes, traballadoras, expulsadas ao paro e que xa non poden pagar a hipoteca, a luz, as facturas da casa? Pesa tanto ese terzo de nenos e nenas que xa non poden comer cada día e que a pobreza dos pais expulsa cara á exclusión social?

Estes días, a democracia é sospeitosa no berce da democracia. Poderiamos colgar este título de The Hollies no fronticpicio do Partenón. Porque un país enteiro no é unha carga demasiado pesada nos lombos de Europa. Deixaron de ser irmáns e son unha carga os gregos e as gregas empobrecidas, os pensionistas desesperados que vemos nas televisión? Serán capaces os capataces do euro de expulsar de Europa ao país que inventou a democracia?

Daquela haberá dúas Europas nunha estraña Comunidade. A do norte e a do sur. A dos comerciantes e a das persoas. Case non se escoita o estribillo da canción que se apaga: ‘Ain’t heavy, he’s my brother’. Como parece que se van apagando as mellores conquistas europeas, os valores democráticos, o cumio da mellor humanidade, os dereitos humanos o estado social que ata agora levaba no lombo aos que non pocdían camiñar sós.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES