Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora, o imposto verde

viernes, 23 de junio de 2006
A maior parte das industrias hidroeléctricas que explotan instalacións en Galicia teñen concesións que non caducarán ata dentro de máis de medio século.

Trátese dos grandes embalses ou de plantas térmicas, son instalacións que producen valiosa enerxía para consumo propio ou exterior, con fortísima incidencia no medio ambiente, sen unha compensación especialmente ostensible, en base a concesións efectuadas hai moito tempo en ben diferentes condicións políticas e sociais.

Os novos tempos atopan empresas e procesos anclados no pasado, e como en Galicia os novos gobernantes queren e teñen que demostrar que “os tempos son chegados”, as empresas ven achegarse un previsible aumento de contribucións que estiman inevitable.

Galicia sacrificou moitas das súas mellores terras para ser anegadas e producir enerxía eléctrica… Castrelo do Miño ou Portomarín son feridas nunca pechadas na historia de Galicia como símbolo de sacrificio en aras do progreso.

Aínda que non pensemos que, como chegou a dicirse, os desequilibrios de presión polos millóns de toneladas de auga poidan provocar os terremotos que convirten a Galicia en zona sísmica, a existencia destas grandes instalacións son vistas como un agravio continuado que teñen que ter compensación social á altura dos tempos de hoxe.

Fálase dun “imposto verde”, como o que hai noutras autonomías do Estado, pero sobre todo agárdase que as compensacións establecidas no seu momento para as concesións se cumpran en toda a súa extensión, e a maiores haxa unha revisión e actualización que as adecúe ós tempos de hoxe.

Cando ese imposto funcione, estaremos -colectivamente- máis tranquilos. Sabendo que as estructuras e as empresas que naceron impostas se acomodan ós novos tempos, e parte das súas rendibilidades se aplican a proxectos de interese.

Fenosa amaga con investir fóra de Galicia, cando non de irse. Será a efectos administrativos, porque -por exemplo- co embalse de Belesar vaille ser un tanto difícil. Xa lles gostaría ós veciños de Portomarín. Certo que hai ben diferencia entre o tempo en que se facía Conde ó promotor dunha hidroeléctrica, e hoxe que se pretende un golpe de tuerca nos impostos a soportar.

O sangue nunca chegará ó río, segundo un vello refrán. Haberá tiras e afloxas, pero ó final seguro que hai acordo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES