Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mundo das emocións: do esquecemento ó papel protagonista

martes, 18 de agosto de 2015
¿Nalgunha ocasión se preguntaron vostedes que fai que algunhas persoas encaixen tan ben as críticas, non perdan a compostura ante o que pode parecer unha provocación e semellen ter un don para comprender e actuar dacordo ó que os demais están a sentir?

Todas estas persoas comparten unha habilidade esencial: a intelixencia emocional. Aínda que durante décadas o mundo das emocións apenas recibiu atención, froito quizais da popularidade da que gozaban outras teorías que daban prioridade ós factores racionais por riba dos emocionais, nos últimos tempos son cada vez máis as voces que outorgan ó mundo das emocións un papel fundamental.

Un estudio realizado a nivel mundial polo “Consortium for Research on Emotional Intelligence in Organizations” puxo de manifiesto un resultado revelador: o noso cociente de éxito depende nun 23% do noso cociente intelectual e nun 77% das nosas aptitudes emocionais. É dicir, o manexo das emocións inflúe no éxito o triplo do que o fai o CI. Os resultados deste estudo, xunto coas aportacións doutras moitas investigacións levadas a cabo durante as últimas décadas, contribuiron a trasladar á sociedade a inquietude que polo mundo das emocións xa se viña amosando dende o ámbito académico.

Mostra destre crecente interese é o feito de que Pixar decidira centrar a trama da súa última película, “Do revés”, no mundo das emocións. A través dunha fantástica aventura ó interior de nós mesmos os xenios de Pixar invítannos a coñecernos mellor, a entender por que actuamos como actuamos e a derribar algúns mitos existentes respecto do ámbito emocional, como a falsa crenza de que emocións como a tristeza ou o noxo non cumplen función algunha e polo tanto son prescindibles.

O certo é que o auxe da intelixencia emocional non é un feito aillado senón que máis ben forma parte dunha serie de cambios que se viñeron producindo nos últimos anos na forma de entender a intelixencia. Estamos comenzando a comprender que o intelecto humano é moito máis complexo do que unha cifra obtida a través dun test estandarizado poida indicar. Cada vez son maiores as evidencias que perfilan a intelixencia humana coma un constructo cargado de matices que converten a cada persoa nun individuo único. Este individuo relaciónase co seu entorno facendo uso das múltiples intelixencias das que dispón, dende a corporal ata a musical, e por suposto a emocional, que está chamada a ser a competencia clave para o cidadán do século XXI.

Non haberá éxito sen o dominio e a regulación das propias emocións, sen a comprensión dos estados emocionais das persoas que nos rodean e sen o dominio de habilidades sociais que nos permitan interactuar cos demais dun modo saudable e efectivo. En consecuencia, é o momento de traballar como se merece o hemisferio dereito do noso cerebro, ese que durante anos foi “educastrado” ben porque se descoñecía a súa función ou porque quizais non interesaba estimular esa parte de nós que nos permite soñar, emocionarnos ou ser creativos (capacidades todas elas incompatibles co vello lema da letra con sangue entra).

Chegados a este punto o reto agora está en conseguir que a educación emocional sexa por fin protagonista nas nosas escolas. Propostas como a da Comunidade Autónoma de Canarias que o pasado curso escolar introduciu a asignatura de “Educación emocional e para a Creatividade” son un primeiro paso que demostra que cando existe vontade política é posible modificar un currículum escolar anacrónico para adaptalo ás necesidades do século XXI. As novas xeracións precisan que lles axudemos a mirar dentro de si mesmos, a coñecerse mellor e a autorregularse para deste xeito poder ser actores protagonistas da súa propia vida. Esa é a mellor ensinanza que lles podemos deixar.
Riera, Martiño
Riera, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES