Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Excelencias de verdade

miércoles, 19 de agosto de 2015
Hai pouco un amigo do Facebook preguntaba se se debería limitar a vida política. Sempre coidei que si, que cada oito anos un político necesita mínimo catro de barbeito para non caer no despotismo e no egocentrismo. Á marxe desto tamén creo que un bo político se debe formar dende abaixo, curtíndose nos movementos asociativos e veciñais que fagan del un referente entre o seu pobo. Polo tanto non creo nas probetas de laboratorio que de súpeto ascenden e perden a noción da realidade.

Paralelamente á reflexión do meu amigo, vin o discurso de Cantinflas na película "Su Excelencia". Este discurso pon enriba da mesa as claras diferenzas entre esquerdas e dereitas, así como as miserias de cada postura. Isto reflicte o que lle pasa a moita xente que lonxe de polarizarse, busca un termo medio ancorado na ética e na honestidade que hoxe en día semella difícil de atopar. As esixencias que fai Cantinflas no ano 1967 son practicamente as mesmas que podemos facer neste 2015: respecto, paz, comprensión, solidariedade, liberdade e unha moi importante que se pague un prezo xusto polo que se produce. Cantinflas vai debuxando verba a verba o estado de benestar e curiosamente non cadra cos procederes de ningún polo político.

Isto quere dicir que hai un termo medio que aínda ninguén foi quen de desenvolver. Nese termo a liberdade é innegociable pero esa liberdade é persoal porque é a xente a que é digna dun trato humano. Esa liberdade non se pode trasladar a uns mercados que só velan polos seus propios intereses, cargándose unha escala de valores asumida universalmente en 1948. Cantinflas dá solucións pero nelas non teñen cabida as armas, os intereses oligárquicos nin os explotadores de vidas alleas. A solución Cantinflas é a da xustiza social e a do dereito a vivir dignamente daquilo que producimos co noso traballo. É unha solución viable, honesta e sobre todo solidaria e humanista. Dita solución quizais sexa un lastre para aqueles que con escuros intereses queren dominar o mundo. Entón, quizais nos sobren becerros de ouro e nos falten excelencias de verdade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES