Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguir progresando

jueves, 13 de agosto de 2015
A orografía terrestre presenta altos e baixos, altos cumes, frondososs vales e profundas depresións, pero todos forman a coteza terrestre na que vivimos, traballamos, nos realizamos como persoas e tanto disfrutamos na compañía de tódolos seres vivos e inertes que nela habitamos.

Todo está sabiamente na natureza por algunha razón e para algo.
Neste caso tal vez sirva como exemplo do que significa o progreso humano.
Se nos remontamos ó pasado, os nosos antecesores foron evolucionando moi lentamente, debido a que carecían de medios.

Nos nosos tempos demos un gran salto cara o progreso e a modernidade e actualmente estamos superando outra etapa co seu propio ritmo.
Tódalas etapas teñen as súas fatigas.
Hai quen di que antes era a vida moito máis dura.

É probable que cada quen queira valorar o seu propio esforzo ante os outros; pero a min paréceme que en tódolos tempos a vida foi dura para quen quixo entregarse en corpo e alma a loitar por un mundo mellor.
¿A vostede que lle parece?
¿Non deixa loitado abondo?
¿Non loitan abondo os xoves que hoxe en día queren abrirse un camiño digno na vida?

A min paréceme que cada profesión ten as súas dificultades e tamén as propias enfermedades profesionais.
E o que me parece máis importante aínda é que todos somos necesarios para progresar como persoas e como país.

¿Qué sería de nós sen os esforzos dos mineiros, dos pescadores, dos labregos, dos transportistas, dos médicos, dos mestres, dos zapateiros, dos ferreiros, dos mecánicos, dos electricistas, dos investigadres, etc, etc.?

Cada persoa nace dotada dos seus propios talentos e grazas a esa peculiaridade, as persoas deciden en boa medida, -dependendo das súas circunstancias persoais,- o seu posto na sociedade.

España é un país moi variado en riqueza e tamén en talentos: uns lugares destacan polo peixe, outros polo aceite, outros polos cereais, outros pola industria, outros pola gandeiría, outros polo arroz, outros pola riqueza forestal, outros pola froita, outros pola minería, outros polo turismo de montaña, outros polo turismo de praia, outros polo turismo rural, outros…
En España posuímos moitos talentos que destacan internacionalmente en diferentes ramas do saber.

Cada día saen novos talentos entre persoas xoves –ou non tan xoves- que investigan nos diferentes campos que manteñen a esperanza de erradicar enfermedades e conseguir novos adiantos técnicos para facilitar a vida coseguindo mellorar notablemente a lonxevidade e a calidade de vida.

Certo que estamos pasando una etapa de crise: crise económica, crise de valores, crise… pero é ben certo que nunca choveu que non escampara.
Uns tempos traen otros, porque o ser humano emprega a vida como un laboratorio onde sempre está na procura da felicidade, investigando novas formas de vivir.
Fórmulas máxicas, paréceme que non as hai, ou polo menos eu non as encontrei, pero fórmulas para ir progresando si que as hai.

Non sei por que me parece que vostede tampoco coñece ningunha fórmula máxica.
¿Ou si?

Por eso seguimos progresando aínda que neste momento da nosa historia sexa a un ritmo un pouco máis lento que na etapa anterior.
POSIBLEMENTE SEXA ESTA UNA ETAPA PROPICIA PARA VER, XULGAR E ACTUAR:
-VER o que que fixemos e como o fixemos.
-XULGAR se os nosos actos foron tan correctos como deberían.
-ACTUAR en consecuencia.

PARA VER, XULGAR E ACTUAR EN CONSECUENCIA, precisamos tempo e moitas veces vémonos privados de algo tan importante e necesario debido ó acelerado ritmo de vida que levamos.
O ritmo de vida actual levounos, non poucas veces, a estresármonos facendo esto, facendo aquelo e aqueloutro coa finalidade de conseguir calidade de vida a base de medios materiais.
¿Vostede tamén é víctima desas présas ou é a excepción?

Calquera que sexa o seu caso, seguramente poderá dicir comigo:
¡Cantas cousiñas non temos nas nosas casas, das que moi ben poderíamos prescindir..!

En maior ou menor medida somos escravos da sociedade de consumo; pero se ben é certo que os bens materiais son precisos; non é menos certo de que o ser humano precisa algo máis.

¡Cantas persoas teñen problemas psicolóxicos, tendo máis bens materias dos que precisan!
¿Coñece algunha?
Eu si.
-¿Por qué será?
-Porque algo falla.

O ser humano precisa crer en algo que sacie as súas expectativas e que dea sentido á súa vida.

Antigamente falábase dos ídolos e da idolatría.
Hoxe en día vémo-la vida doutra maneira e moitas persoas séntense valeiras por dentro, non saben o que lles falta, non saben o que queren pero senten vacío interior.

As reacccións ante esta situación son tan variadas como as persoas:
-Unhas resignanse así toda a vida.
-Outras refúxianse nos psicólogos.
-Outras nos psiquiatras.
-Outras nos confesores.
-Outras optan por face-lo Camiño de Santiago.
-Outras, desafortunadamente, deciden tomar solucións drásticas.
-Outras buscan no seu interior e dedican un tempo á vida retirada para atopar o sosego que precisan.
Tal é o caso dos ermitaños.
A vida eremítica é unha alternativa e tamén ten as súas ventaxas.

Vostede, igual que me pasou a min, seguramente se estará facendo esta pregunta:
¿EXISTEN OS ERMITAÑOS ACTUALMENTE?
Este será o título do seguinte artigo.

Pero antes de rematar, quixera dá-las grazas á xeración que agora está disfrutando da etapa senil porque soubo superar moitos atrancos e grazas ó seu esforzo o país tivo unha etapa de moito progreso.

Tamén quero animar á xeración presente que aguanta e loita contra todo tipo de adversidades e –sobre todo- á xuventude que traballa e estudia para labrar un futuro prometedor para todos.
Por eso seguimos progresando.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES