Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esixe prudencia a prudencia...?

lunes, 10 de agosto de 2015
Voulles ser breve, que non está, neste verán que invita a preguiza, o forno para cocer moitos bolos, e vostedes deberían celebralo, porque, abofé, deben ir un chisco cansados das miñas “filosofías”, aínda que como diría Xosé Manuel Carballo, o cura mago, eu non lle impoño a ninguén que as lea, aínda que o agradeza.

Sen embargo, ás veces convén quentalo un pouco para que as xentes esperten, e sobre todo aqueles “tancredos” que chaman prudencia á comodidade de manterse quedos coma os chanzos nas cerrumes. E para que vaian collendo o fío, adiántolles que a estes tais xa lles advertiu un prestixioso avogado e político, nun excelente artigo, que unha cousa era ADMINISTRAR e outra ben distinta GOBERNAR.

Este avogado, por máis nome, D. Enrique Santín, do que teño moi boas lembranzas, tamén ven a suxerir que administrar ben non comporta necesariamente facer un bo uso da xustiza distributiva, e, por suposto, non resolve os problemas, e eu engadiría, da España actual. Por iso moitas xentes están descontentas, e cando se constitúen en tribunal, valoran negativamente o uso inadecuado da PRUDENCIA, asignándolles os últimos lugares nas enquisas os que así actúan.

Pero..., non é contraditorio falar dun “uso inadecuado da prudencia”?. Síganme e xulguen. Se a prudencia é RECTA RATIO AGIBILIUM, non parece que xustifique o “tancredismo”; pero, ademais, ten algúns vicios POR EXCESO, entre eles a neglixencia contra a solicitude en obrar, que pode desencadear a cronicidade dos problemas a resolver.

Penso que non debe pasar por prudente quen, coñecedor da estrutura esencial CONSTITUTIVA do país que goberna e os principios CONSTITUCIONAIS que se deu o pobo do mesmo, así como as realidades dos desaguisados legais matizados de desprezo aos máis fundamentais valores da convivencia, espera futuros acontecementos para actuar, certamente, non con feitos, senón con frases acoirazadas polo adoito do seu emprego, e sen contido fidedigno.

É incrible que aínda haxa persoas “gorgianas”, quero dicir, que crean operativas, en cales queira circunstancias, estas palabras do siciliano Gorgias de Leontini: “A palabra ten un enorme poder. A pesar de que o seu corpo é diminuto e invisible, leva a cabo as máis divinas empresas: é capaz, en efecto, de apazugar o medo e de eliminar a dor, de producir a alegría e de excitar a compaixón”. O nosos tempos sonlles moito máis socialmente pragmáticos: As afirmacións argumentais sen o acompañamento dos feitos, élles como sementar en coieiras.

Xustamente por isto mesmo, a prudencia non se entende como a virtude da inacción, senón como a boa administración da acción. O seu uso non pode ser prudente, porque sería tanto como entendela coma unha “solteirona rica e fea, cortexada pola incapacidade” (William Blake), ou algo así como o “eufemismo do medo” (Jules Renald), é dicir “o medo camiñando de puntillas” (Michel Zamacois).

Unha marabilla como o expresan estes intelectuais. Mesmo parece axustadiño!!!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES