Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pregoeiro do San Lourenzo

lunes, 10 de agosto de 2015
O pregón é, según o diccionario, “o parlamento que se fai en voz alta en sitios públicos de algo que convén que todos saiban”, ou tamén “unha alocución eloxiosa pola que se anuncia a celebración dunha festa ou acontecemento, para incitar ó público a participar nela; e “pregoeiro”, é “o que publica ou divulga algo que se ignoraba”. Estas, e outras variantes, son as que ofrecen os manuais, en definicións lacónicas que expresan con toda simplicidade os devanditos conceptos pero que, no caso de certos pregóns, a natureza do feito pregoado ou as circunstancias que concurren no pregoeiro, danlle á proclama un sentido singular.

Os pregóns das festas teñen, por sí mesmos, unha emotividade particular porque, en xeral, son os sentimentos, mais que as razóns, os que poñen voz aos mesmos; non é a cabeza, senon o corazón, o que se expresa; non é a razón, senon os afectos os que inspiran as verbas do pregoeiro, e xa se sabe que o corazón non entende de medidas nen de exactitudes e moitas veces ten razóns que a mente non comprende.

A lectura do pregón do San Lourenzo é unha vella tradición que pode ter uns 60 anos, aínda que non de forma ininterrumpida, e pola tribuna pasaron xentes indíxenas ou que, salvo excepcións, tiveron unha significada relación co noso pobo.

As festas patronais da vila toman este ano a arrincadeira co pregón que, na Casa da Cultura Poeta Manuel María, pronunciará o vindeiro día 7 de agosto Nemesio Rodriguez, persoa que, sen ser nativa, acadou a plena identificación coas xentes e os aconteceres da nosa sociedade.

Ninguén dubida de que o amor ó curruncho da nacencia non se sustitue polo amor a outros espazos e tempos que o destino vai deparando. “A miña patria é a miña infancia”, dixo Rainer María Rilke; Alvaro Cunqueiro dixera que “é a terra e os mortos”; para o poeta ruso Lermotov “é alí onde nos aman” e para Cicerón “está onde queira que te atopes a gusto”...

Hai quen, sen embargo, sen renunciar aos seus quereres primixenios, tiveron ao longo das experiencias vitais, a oportunidade de ampliar o seu mundo afectivo, gañando novos amores e, polo tanto, enriquecendo a bagaxe dos sentimentos. Seguro que ese é, con relación a Foz, o caso de Nemesio Rodriguez, que chegou á vila hai preto de 40 anos para entregarse, en corpo e alma, ó labor mais transcedente para a sociedade, do que Simón Bolívar dixera: “O obxeto mais noble que pode ocupar ó home é ilustrar aos seus semelllantes”. Na formación humana, intelectual e profesional das novas xeracións hai que depositar as esperanzas dun mundo mellor.

Nemesio, persoa valorada e querida en Foz e a bisbarra, é un claro exemplo de entrega e dedicación entusiasta á súa función, superando sempre o esforzo que esixía o cumprimento honesto do que era a súa obriga. E así logrou dirixir un centro educativo que foi modélico a través de tantos anos baixo a súa batuta. Afrontou unha árdua tarefa para lograr tal obxetivo porque á súa chegada atopuse con todalas carencias para desenvolver o cometido: mesmo sen aulas nas que acubillar o alumnado.

Da grave problemática que tivo que afrontar, do que loitou pola solución da mesma, da atención permanente, das xestións e do traballlo ímprobo realizado, é testemuña de excepción quen asigna estas liñas: presidente-fundador da APA do Centro, que desempeñou durante os 6 primeiros anos do mesmo, vivíu moi de preto tanto esforzo e tanto entusiasmo cos que gañou o prestixo e os afectos que o rodean. Nen os atrancos de saúde- que non faltaron- fixeron que o executivo exemplar mermara o ritmo da dedicación, do esforzo, nen da ilusión por ver logrados os obxetivos que a cotío se marcaba. O recoñecemento chegoulle hai uns anos ao ser investido por O Mundo de Galea, Cabaleiro da Orde do Mariscal Pardo de Cela, máximo galardón que concede dita Asociación a aqueles que dende a cultura, a empresa ou a pofesión contribuen de xeito notable ó benestar da nosa sociedade. Esa é, só en parte, a personalidade de quen este ano, con todo merecemento, pregoa as festas de San Lourenzo de Foz. O cronista ratifícase na admiración e no fondo afecto que sente por él.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES