Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moncho Reboiras

miércoles, 12 de agosto de 2015
Este ano cadra co corenta aniversario da morte a tiros de Moncho Reboiras por parte da policía do réxime franquista en Ferrol. Para moitos é un símbolo da resistencia antifranquista, para outros un terrorista que por sorte quedou no camiño. O que é indiscutible é que a súa morte é unha data clave da transición tanto a nivel galego como español. Por outra parte, esta morte convérteo para un sector da sociedade nun símbolo e un exemplo de loita pola liberdade. Certo ou non, fálase de Moncho como un ideólogo e unha parte fundamental do nacionalismo. Coido que puido selo pero a historia deixouno no camiño antes de que a vida trazara a rodeira da súa evolución ideolóxica e humana; habería que ver como se integraría Moncho na vida democrática despois do ano 1981 ou 1982.

Cando se fala de Moncho Reboiras quizais hai que contextualizalo na época precisa e recoñecer sinxelamente o que foi: un militante que trataba de defender e facer progresar a súa causa coa que se pode concordar ou discrepar; mais non existen fontes nin probas de que participara ou cometera asasinato ou atentado algún, xa que foi executado sen posibilidade de ser xulgado previamente, polo que a dúbida sobre os feitos ten a súa lexitimidade (aínda dando por verdadeiros os atracos, trataríase duns actos de delincuencia e non de terrorismo). Polo tanto, temos que situar a acción de Moncho no terreo político e social dunha época convulsa á que tratou de responder dende a súa propia conciencia cívica en determinadas situacións límite.

Non se trata nin de deificar nin de demonizar. Trátase de valorar o activismo na realidade social que lle tocou vivir, por iso non vale xulgar a Reboiras coma un simple terrorista nun contexto no que existía unha opresión institucional patente e provocadora de desigualdades moi fondas. Máis ben hai que preguntarse cómo evolucionaría o pensamento de Reboiras nun contexto democrático que garantira a liberdade de expresión. Por iso penso que o asasinato de Moncho foi un feito que marcou á cidadanía daquela época, un dos últimos actos dunha situación de opresión que se negaba a desaparecer.

A historia gardarao como un fito importante que cadaquén poderá xulgar como queira mais é innegable que cando un home é abatido a tiros polas costas está sendo asasinado.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES