Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vagabundo “firstclass”

miércoles, 05 de agosto de 2015
Volvín caer ou volvinme tirar no universo poético – humanista de Facundo Cabral e como era de esperar amoreáronse as emocións na memoria daquel doce recordo xa contado nesta fiestra. Atrevinme e rememorei, tamén, o atentado e novamente a vida pareceume tremendamente inxusta por levar a ferro a quen construíu con palabras.

Son moitas as sentenzasde Facundo que camiñan comigo día a día. Tantas que se me fixeran abrazar unha ideoloxía confesaríame “cabralista” pero a verdade é que a miña conciencianon mo permite xa que sabe que os homes ceibes non collen nas ideoloxías. Aínda así, seguir a verba de Facundo é, para min, unha misión vital que me leva a ser día a día.

Quizais o ensino máis grande de Facundo foi o de que vivir é tan sinxelo como abrazar cada momento gozando de todo aquilo co que o mundo nos agasalla. El fíxoo sen reservarse nada e non só iso! Senón que nos legou as súas experiencias feitas cancións.

Polo tanto o segredo do vivir debe estar na sinxeleza, na austeridade asumida e militante (non a imposta) e en gastar a gran oportunidade da vida en coñecer “as marabillas do mundo”. Moitas veces teño pensado que se volvera á vida quixera ser un camiñante do mundo, un vagabundo sen terra para cantar toda a terra e xa postos a pedir, quixera que me ensinara o mundo o mestre da sinxeleza: Facundo Cabral.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES