Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (71)

miércoles, 29 de julio de 2015
Recordando ás leiteiras de Betanzos

Nos anos da miña nenez, recordo as leiteiras, pois eu era unha das que levaba o leite á leiteira e, de paso, ía á escola. As leiteiras eran unhas mulleres que se encargaban de recoller o leite. Case sempre ían polo centro da parroquia, pola carreteira. Os labregos levaban o leite que lles
sobraba aos sitios que xa tiñan destinado.

Tiñan unha paxeta cos lados moi altos para que non caeran as latas. Apuntaban os litros de cada casa. A fin de semana, pagaban. Antes, as vacas non daban tanto leite como agora, pois tiñan que arar as leiras, carretar esterco, traer toxo para estrar as cortes dos animais; ata se estraba o curral para facer esterco para as terras. Traer as colleitas para a casa. Tampouco eran de raza leiteira; eran do país, e non comían tan ben coma as de agora.

As leiteiras chegaban a Betanzos e repartían o leite casa por casa. Tiñan unha medida dun litro e outra dun cuartillo. A leiteira que máis recordo, a máis maior da nosa parroquia era a tía María Juana das Penas. Levaba a paxeta e recollía o leite ata o último sitio destinado. Logo, subía
a paxeta ao coche de liña, e ela subida á escaleira que levaba detrás, fixera frío ou calor.

Os poucos cartos que viñan do leite facían moita falta ás familias, pois non había moita abundancia. Con eles comprábase xabón, aceite, cousas de primeira necesidade.

Despois, xa viñeron as leiteiras cun burro. Xa non eran tan escravas coma as da cabeza. De volta, traían encargos, pois naquelas datas, non había tantas cousas como agora. As leiteiras coñecían todas as rúas da cidade. Tamén sabían todas as novidades. Eran persoas queridas. Levaban o leite fresco da mañá á xente da vila. O soldo era pequeno, a diferencia de como pagaban e vendían o leite. Ningunha se poñía rica.

Estas persoas quedaron no esquecemento. Ninguén se acorda do sacrificio que facían. Non estaría mal de que alguén fixese algo para homenaxealas.

Un recordo para aquela xente que, todos os días, fixera frío ou calor, levaba o leite á vila.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES