Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Das Cámaras ó Consello Agrario

lunes, 12 de junio de 2006
En tempos, tivemos a C.O.S.A.: Cámara Oficial Sindical Agraria. Aínda había un Sindicato Vertical que abrigaba por igual a “productores” e Empresarios. E Consellos provinciais de Empresarios e de Traballadores e Técnicos. Todos, organismos pomposos para esquecer que non había liberdade sindical, senón que todo era un entramado perfectamente controlado para evitar axitacións e desaxustes.

As Cámaras Agrarias foron a solución para estas útimas tres décadas nas relacións agrarias. Herdaron unha situación na que todo nacía, e na que todo era posible.

E os seus secretarios foron persoas de grande influencia no rural, deles saíron alcaldes ou concelleiros, e foron asentando unha estructura acomodada a escala local que as arraigou fondamente no noso rural pola inmediatez dos servicios prestados. Pero viña ser un organismo imposto.

Ás Cámaras chegoulles o seu momento, dentro da renovación que os tempos imprimen, e a Xunta ven de aprobar a súa desaparición á vez que crea o Consello Agrario Galego para representar ós traballadores do campo, e canalizar a relación entre a Administración e os sindicatos.

Postos a artellar esta nova institución, esta vai ter representación directa de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galegos e Xóvenes Agricultores, como sindicatos agrarios con implantación en Galicia.

Xa houbo protestas porque non se inclúen representantes de cooperativas. Tampouco dos galegos labregos non sindicados, que son a maioría.

A Xunta supón que esta nova institución significa a chegada definitiva da democracia ó campo galego, pero esto son só palabras rimbombantes, e a democracia non chega de repente senón que ten que ser sementada, agromar, medrar e florecer, se seguimos un simil parello ós procesos que no campo teñen lugar.

Vanse as Cámaras, pois vale. Pero que a chegada do Consello Agrario signifique algo “per se” non está demostrado, aínda que cabe agardalo.

Posiblemente os procesos de formación e funcionamento destas entidades sexan máis visibles agora, e polo tanto mais democráticos. Pero nada máis. O resto, será cousa de tempo e aprendizaxe. Que a todos nos fai moita falla.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES