Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha competición perversa

sábado, 25 de julio de 2015
Como teño escrito tantas outras veces cando me sento a compor esta columna, vaia por diante que non é obxecto desta peza facer crítica pura, porque parto da base da liberdade de acción de cada quen para tomar decisións sobre asuntos propios que non lle causan prexuízos a terceiros, e dende ese respecto á liberdade persoal é dende o que con certa frecuencia insiro a cantinela de que cada quen pode facer da súa capa un saio sempre e cando con iso non lle provoque dano ó que ten a carón.

Facendo este considerando previo, vouno colocar, benquerido lector, na seguinte tesitura: Póñase, por caso, que mañá pola mañá chega vostede ós eu posto de traballo, sexa nunha oficina -pública ou privada- ou nun andamio, sexa pola rúa, nun hospital ou nun colexio, e pide entrevistarse co seu superior inmediato co fin de falar do seu salario mensual e unha vez iniciada a reunión, sen máis limiar có da explicación do contexto (é dicir, da situación económica que vive nestes intres a sociedade en xeral e a súa empresa en particular) pide que na nómina do mes seguinte lle retiren o 25% da súa paga mensual porque coa cantidade resultante desta resta considérase ben pagado, asegurándolle ademais ó seu -é de supoñer que sorprendido- superior, que a medida non lle vai afectar negativamente á calidade do seu traballo, senón máis ben ó contrario.


Eu non sei vostede, pero eu, por máis que o intento, non me dou posto en situación malia que non me teña por unha persoa avariciosa do diñeiro, senón máis ben e para a miña propia desgracia, crematisticamente falando, por un tipo bastante abandonado.
E non me dou posto en situación porque o primeiro que pensaría de vostede, se fixera este amago reduccionista dos seus emolumentos por vontade propia, sería algo así como, "pero este que oculta?" Ou, "que gana por outro lado para desestimalo por este?"
E non quero eu dicir con isto que ninguén que teña tomado unha decisión semellante -poñamos por caso os "comuneiros" de Ourense, teñan nada que agachar. Nin moito menos! Eles son libres de facelo.

Do mesmo xeito que eu son libre de tomar a parte polo todo e logo de botar unha ollada panorámica á actualidade política, escribir o seguinte: Dun tempo a esta parte dáme a sensación de que a clase política española, despois de ter morado na abundancia ata interiorizar aquilo de que “os cartos públicos non son de ninguén”, agora viven imbuídos nunha competición -para min errada- de a ver quén cobra menos. E metidos nesa carreira perversa acaban por pretender chantar entre cella e cella da opinión pública unha regra de tres inversa que ten como axioma que aquel que menos cobra é o mellor concelleiro, o mellor alcalde, o mellor ministro ou o mellor presidente.
E eu, sinceramente, non o creo.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES