Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galescolas

viernes, 09 de junio de 2006
Tiñamos oído falar das Ikastolas como modelo de escolas infantís. Naceron no País Basco, como o seu nome indica, pero a filosofía de inmersión que as caracteriza é plenamente trasladable a calquera outra localidade con lingua propia. A ikastola, así, é unha prolongación do fogar; é o xeito de que os nenos se sintan na escola como na súa propia casa. Sempre que se trate dunha familia concienciada ideoloxicamente.

O concepto correspóndese coas teses nacionalistas, e por eso coidabamos que nesta lexislatura non ían ser posibles en Galicia experimentos similares, xa que os temas de educación corresponderon ó P.S. de G – Psoe nos acordos previos para distribuir as áreas de poder, e polo tanto o Bng non tiña competencias na materia.

Pero vese que o Bng, nesta definitiva etapa, ten aprendidas leccións anteriores e está decidido a aproveitar tódolos balóns que caigan no seu campo, e algún que outro rebote escapado ós seus compañeiros de viaxe.

Os temas de educación son do Psoe, pero ó Bng corresponden os temas de infancia e mocidade. E dentro das competencias de infancia, en sentido amplo, están o da súa formación. Así que Vicepresidencia ven de sacarse da manga as galescolas que van funcionar en Galicia para a formación de nenos ata os tres anos, e que en número de 99 custarán 29 millóns de € e entrarán en funcionamento antes de 2008.

Non trasluciron desaxustes por esta enxeñosa incursión no terrreo educativo, pero está claro que é moito máis ca un movemento de peóns nunha partida de xadrez que se en teoría dura catro anos, a cada momento se están producindo movementos que van decidindo unha traxectoria.

O malo é se este xogo alternativo de ocurrencias e innovacións non ten máis vixencia que a que dura o bipartito. E, como agora se fai, cando chegue de novo a hora do goberno para o Partido Popular este faga “tábula rasa” do que agora vai quedar “atado e ben atado”.

En tanto, teremos Galescolas, chamadas a ser o punto de conexión entre as garderías e os centros educativos, e que veñen representar un gol pola escadra metido na portería (que se coidaba imbatida)que defende Touriño.

Veñen as Galescolas, e nós expectantes a ver o que dan de sí, ata onde chegan, a súa vocación formativa, o impacto no contorno.

Son unha forte badalada. Durante esta lexislatura imos escoitar moitas badaladas de atención sobre o mundo que nos rodea; e esta badalada en concreto soará moitas veces. ¡Dará gusto velo!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES