Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A gando fraco todos son carrachos

lunes, 20 de julio de 2015
Cara á galería, é dicir, para a prensa o gran asunto semanal foi Grecia e a loita deste país coa Comunidade Europea. Pero, así polo baixiño, coma quen non quere a cousa, o que realmente lle está importando á xente é o asunto climatolóxico.

Quéirase que non, este tempo sufocante xa pasa da raia. Entres onde entres e fales con quen fales, o tema de conversación é a maldita calor. E por esta vez si é a escusa perfecta para iniciar un saúdo nun ascensor (creo que nos ascensores é onde botamos sempre man do tempo que fai). A calor reinante desde hai practicamente dous meses, por esta vez, si é unha auténtica pulga para o can fraco, ou mellor dito, carracho para o gando fraco. Porque precisamente a agricultura e a gandaría é a que máis está padecendo esta seca; coma se non lles chegase o asunto do leite ou o valor das uvas. Que chova algo, por Deus!

Tamén xa tiña os coitelos afiados para encirrar na Dirección Xeral de Tráfico, pero quedei coas ganas. Alégrome por elo. Non había dereito a que a xente de Ferrol, Monforte, O Barco e Foz tiveran que ir facer o exame teórico do coche ás súas respectivas capitais, como se as distancias fosen de catro pasos. A ver se pouco a pouco nos decatamos de que ó paisano hai que darlle facilidades para certos asuntos e non poñerlle pegas. Bastantes atrancos nos atopamos xa a diario nesta sociedade algo esperpéntica coma para que che poñan no camiño penedos que custa un carallo salvar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES