Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Campanas de Bastavales

sábado, 18 de julio de 2015
Orixes da escrita: Campanas de Bastavales
Campanas de Bastavales
Campanas de Bastavales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soidades.

I

Cando vos oyo tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno á chorar.

Cando de lonxe vos oyo,
Penso que por min chamades,
E das entrañas me doyo.

Dóyome de dor ferida,
Qu’antes tiña vida enteira,
Y oxe teño media vida.

Solo media me deixaron
Os que d’aló me trouxeron,
Os que d’aló me roubaron.

Non me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay! uns toliños amores.

Qu’os amores xa fuxiron,
As soidades viñeron…
De pena me consumiron.

(…)

As campás da igrexa de San Xiao de Bastavales, freguesía do Concello de Brión, no val da Amaía, ecoan no corazón da voz feminina deste poema no que non poucos rosaliólogos quixeron ver a propia Rosalía. As Campanas de Bastavalessúas badaladas espertan nesa voz, talvez autobiográfica, un proceso de rememoración no que se cadra non son alleos os días vividos na contorna, concretamente na aldea de Castro de Ortoño, onde segundo a memoria oral e de vida a autora deste poema incluído en Cantares gallegos puido morar parte da súa nenez coidada pola familia de seu pai, o crego Manuel Martínez Viojo.

O que si é claro é que Bastavales e a redonda padronesa foron eidos caros a Rosalía, que os cantou en múltiples ocasións, deixando constancia da fermosura destas terras e dos sentimentos que as mesmas arrincaron nela. As Torres da Hermida en Lestrobe, o propio Padrón, as veigas de Laíño e outros espazos cruzan as súas composicións, que entrañan así un especialísimo territorio poético e vivencial xa para sempre inmortalizado pola súa escrita.

Imposible non pasar por Bastavales e morrer de soidades na paisaxe rosaliana. As coitas das vivencias fuxidías consomen aquí e os recordos veñen mainos polo que foi e xa non será, con Rosalía sempre.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES