Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo ten consecuencias

jueves, 16 de julio de 2015
Cada causa produce un efecto ou todo efecto tren a súa causa correspondente.

Todo antecedente ten o seu consecuente e todo consecuente é froito do seu respectivo antecedente.
¿Certo?

Daquela podemos concluír que se o mundo vai como vai –tanto no bo como no malo- é consecuencia dun determinado modo de proceder do ser humano.

Son moitas as veces que oímos dicir que esto ou aquelo vai mal, pero nunca se oe dicir:
¿En que medida eu tamén son responsable de que tal cousa vaia así de mal?
¿Por que será que nunca nos botamos a culpa a nós mesmos?

Pode que vostede sexa unha desas persoas que recoñeza que nalgún momento fallou aínda que fora inconscientemente; pero vostede tamén terá comprobado que a maioría dos humanos non pensan así.

¿Qué lle parece?
¿Será que andamos moi acelerados e non nos queda tempo para pensar en cousas tan serias como nas consecuencias do que facemos ou deixamos de facer?

Neste campo, teríamos que facernos moitas preguntas cada persoa a si mesma.

-Se sabemos que hai moita inxusticia no mundo, sacamos a conclusión de que é porque o modo de proceder dos outros é inxusto; pero:
¿En que medida podo colaborar eu co meu grau de area para mellora-la situación?

-Se constatamos que as relacións interpersoais deixan moito que desexar…
¿En que medida me esmero e relacionarme educadamente coas persoas que me rodean no fogar, no traballo, na rúa..?

-Se os informes sobre educación din que en España estamos á cola dos países desenrolados…
¿Por qué non melloramos a relación co profesorado en vez de censúralo?

-Etc, etc, etc.

Para enumera-las situacións cotiáns que necesitan mellorarse, precisaríamos ríos de tinta.

Se cada día dedicáramos un tempo a pensar nas consecuencias do que facemos, seguramente evitaríamos moitos erros e levaríamos una vida máis feliz.

A verdade é que as cousas van así porque a natureza humana é así. Podería ser mellor; pero dedica pouco tempo a pensar nas consecuencais dos seus actos.
Quizais irá ben pensar cousas tan sencillas como que temos una soa vida e se non a aproveitamos, malgastámola e se a malgastamos; botámola a perder.

A veces botamos a perder a nosa e máis a das persoas que máis queremos.
Nin somos felices nós nin a sociedade á que pertencemos.
¡Que pena!
¡Co bonita que é a vida!

Ese regalo tan valioso que se nos deu para que –facendo bo uso dela- vivíramos felices dando e recibindo felicidade.
¿Por qué nos complicamos a vida máis do necesario?
¿Será porque a vida non ten suficientes complicacións?

Imos ter que “XOGAR A DESCOMPLICÁ-LA PROPIA VIDA”

Ese será o título do seguinte artigo, pero para eso haberá que dedicar algún máis tempo a pensar na importancia que ten -tanto para nós mesmos como para a sociedade na que vivimos- todo canto facemos.

Afortunadamente no mundo hai persoas moi reflexivas que pensan antes de actuar.
Grazas a elas o mundo vai o ben que vai.
Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Aburiño!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES