Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Excelentísimas Deputacións Provinciais de Galicia

martes, 06 de junio de 2006
Son catro, claro, as Deputacións Provinciais de Galicia. As catro preocupan ó poder establecido en Compostela.

A primeira, a de Lugo. Por Cacharro. Porque Cacharro goberna a Deputación Provincial de Lugo desde 1983, hai 23 anos, e quédalle un como mínimo. Con man firme, de ferro, en luva de seda. Non só a provincia, como continente, senón a provincia como contido. Urbe et orbe. Ten saído de problemas, e suponse que tamén sairá deste. En Santiago téñeno no punto de mira, e cando falan das deputacións falan de Lugo.

A segunda, Ourense. Baltar é outro político camiño da perpetuidade. Sucedeu a Victorino, que perdeu arraigo cando foi a Santiago. Baltar ten raíces en Ourense coma as viñas do Ribeiro, e está igual de apegado á terra e ás xentes. En Santiago falan del coa boca pequena.

Pontevedra é menos “conflictiva”, houbo máis variación na primeira fila da política, e ó ser provincia menos “rural”, parece como se a Deputación influíse menos, se notase menos, importase menos. Pero aínda así preocupa.

E A Coruña. A Coruña, no que á Deputación atinxe, é diferente, porque o goberno ten cor socialista.

E cando falan en Santiago, e falan das Deputacións, se se trata do Bng falan de todas, e se é o Psoe fan abstracción dunha delas. Ó comezo falaban de que debían de desaparecer, e agora de acomodalas á nova situación.

Falou Moreda, presidente da Deputación de A Coruña, para dicir que as persoas poden ser caciquís, e tamén as políticas, pero non as institucións. Ou sexa: non toquedes as Deputacións, porque se non as houbese habería que inventalas.

As Deputacións Provinciais de Galicia, excelentísimas por principio, teñen unhas funcións que poden ser ou non acordes cos tempos de hoxe. Como poden non selo ó mellor algunhas dos concellos ou da Xunta de Galicia.

Na Xunta preocupan as Deputacións. Porque tres non son “súas”. Pero parece que Moreda tamén ten algo que dicir, e que valora primeiro – como debe ser – a institución que a súa confesión política. Ou sexa: que xa teñen motivo para que lles preocupen as catro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES