I.- A LOCALIZACIÓN
1. No ámbito parroquial e municipal
O santuario está ubicado na parroquia da Sta. María de Saavedra, municipio de Begonte, diócese de Mondoñedo-Ferrol. Dista cinco km. da capital do concello, que és Begonte.
2. No ámbito provincial
O devandito santuario dista uns dazasete km. da capital provincial.
II.- OS CARACTERES ARTÍSTICOS
Trátase dunha igrexa parroquial que foi reformada hai poucos anos. Ten unha única nave, unha capela lateral e un presbiterio reconstruido. Adosada ó muro esquerdo da capela maior consérvase unha importante lápida funeraria do século XVI. O texto epigráfico fai referencia ós personaxes alí enterrados, a saber, D. Roi González de Ribadeneira Sabedra e a súa dona Dª Violante de Losada.
III.- A FESTIVIDADE E A PROCEDENCIA XEOGRÁFICA DOS DEVOTOS
O día 24 de maio, data da festividade da Virxe dos Milagres, acoden devotos de tódolos municipios da Terra Chá, de Mondoñedo, Monforte, Lugo...Tamén veñen romeiros de a Coruña, Ferrol, etc. Ademais tódolos domingos do ano acoden
devotos ofrecidos á misa que se celebra na parroquia.
IV.- AS PETICIÓNS
Doenzas humanas. Protección e saúde tanto para os acabados de nacer como para os que o van a facer. Protección para aquellas persoas que van casar. Diversidade de problemas que perturban o espírito da persoa.
Ademais, algúns devotos veñen ofrecidos por outras persoas, que non podían acudir por sufrir doenzas.
V.- AS PROMESAS
1.- OS RITUAIS
1.1.- A celebración dunha novena adicada á Virxe dos Milagres, nove días denantes da súa festividade. Acoden devotos non só desta comunidade parroquial, senón tamén doutras comunidades.
1.2. A celebración de misas
Dende as sete da mañá celébranse diversas misas ordinartias que son oficiadas los cregos das parroquias limítrofes. A unha e media da tarde celébrase unha misa solemne que é concelebrada por varios cregos. Polo serán oficíanse normalmente dúas misas.
1.3. O ritual de vir andando desde o lugar de orixe
Na actualidade aínda hai devotos que veñen caminando desde a cidade de Lugo, de Vilalba, de Begonte...
1.4. O ritual de circunvalación
A maioría dos devotos, ó chegaren ó santuario, dan unha ou maís voltas ó seu redor, descalzos, de pé ou de xeonllos. Nas súas mans poden levar unha imaxe pequena da Virxe, candeas acesas ou non e tamén exvotos de cera que representan o corpo humano, total ou parcialmente.
1.5. O ritual de “poñer o santo”
Nun pórtico situado a carón da igrexa, dous fregueses da parroquia adicanse a esta tarefa empregando a seguinte xaculatoria:
“La Virgen de los Milagros
te conceda la salud del alma
y la salud del cuerpo. Amén”.
1.6. O ritual da procesión
Ó rematar a misa solemne, sae a procesión que percorre o perímetro do templo. Os seus elementos están dispostos do seguinte xeito:
a. A cruz parroquial e pendón das fillas de María, levados por fregueses da parroquia.
b. A imaxe da Virxe dos Milagres, portada nas súas andas por devotos da freguesía.
c. Os cregos concelebrantes e os devotos en xeral, colocados sen distinción de idade e sexo.
Ademais destes rituais os fieis levan a cabo outra serie de promesas:
a. Ofrecen misas. No ano 1994, cada misa tiña un prezo de cincocentas ptas. No 2005, sete euros.
b. Algúns ramos de flores, levados por mulleres novas, que se ofrecen normalmente para ter un bo casamento.
c. As candeas da mesma altura que a do ofrendante.
d. Os exvotos de cera que simbolizan o corpo humano, total ou parcialmente.
e. A esmola en metálico, que o devoto adoita entregar ó poñer o santo, no transcurso das misas que se celebran nos santuarios, nas boetas que hai no interior do recinto sagrado.
Os exvotos de cera soen deixarse nun pequeño alpendre, situado o carón da parte superior esquerda da igrexa parroquial.
Por outra banda, o cumprimento das promesas non só se levan a cabo os días da festividade no santuario, senón que en calquera domingo do ano acoden devotos doutras comunidades para pregar á Virxe todo tipo de peticións.