Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As 'Letras Galegas' para un lucense

viernes, 03 de julio de 2015
Superado o Día das Letras Galegas 2015, a Real Academia Galega vai designar de inmediato o persoeiro ou persoeira a quen se lle dedicará en 2016 a festa máis grandes das nosas letras.

Sábese que hai tres escritores que van ser tomados en consideración polos académicos, que son Ricardo Carballo Calero, Xela Arias e Manuel María.

Ben podemos afirmar que se trata de tres autores lucenses, xa que Carballo Calero viveu na capital lucense, fixo aquí parte importante da sua obra, e o Colexio Fingoi foi a súa casa nun tempo difícil para calquera tema que tratase do idioma e cultura galegos. Xela Arias, desde antes de nacer era sarriana, que sarriano era seu pai, Valentín Arias López, lingüista que adoitaba asinar traballos como VAL, as iniciais de nome e apelidos; e Manuel María, o grande poeta chairego, que en Monforte asentou de moi novo, e alí se convertiu nunha institución.

Estes son os autores que pasan “á final”, entendéndose que lle pasou o seu momento ao tamén lucense, de Samos, Fiz Vergara Vilariño, que tivo opcións o ano en que por fin se lle dedicou ao chairego Xosé María Díaz Castro.

Calquera dos tres merece a designación, pero mentras Xela non ten ningunha oposición a priori, que se saiba, cóidase que Manuel María non foi elixido para este ano -que por tempo desde o seu pasamento xa se podería- polo seu significado político, temendo que a súa presenza no mundo da política desvirtuase a súa xigantesca obra literaria. E xa non digamos de Carballo Calero, que hai vintecinco anos da súa morte e leva, polo tanto, quince anos sendo preterido polo seu pecado de “lusismo”, por ser o abandeirado, o patriarca, da corrente que se inclina pola evolución do noso idioma cara ao portugués. Pode ser este ano o momento de facerlle xustiza a tan ilustre ferrolano-lucense, primeiro catedrático de galego, poeta, narrador, creador dunha escola, e cunha pléiade de seguidores que veneran o seu recordo.

Este sábado saberemos o resultado. Que seguro non terá tanta dificultade, non será tan contestado, como o homenaxeado deste ano, o case lucense tamén, Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES