Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Emoción e ilusión na Uned Senior

martes, 23 de junio de 2015
Moita emoción e ilusión na UNED Sénior da Coruña (19-xuño-2015)

O día 19 de xuño de 2015 foi un día cargado de emocións e tamén de ilusión para o Alumnado Sénior da Galicia Rural que se reuníu na Sé da UNED da Coruña por dous motivos relacionados pero moi ben diferenciados.Emoción e ilusión na Uned Senior
Ámbolos dous de moito peso e moita carga afectiva no corazón do Alumnado da UNED Sénior da Galicia Rural:
Se ben era de obrigado cumprimento recibi-los certificados outorgados pola UNED ó Alumnado Sénior da Galicia Rural de Paderne, Monfero, Aranga, Rianxo (A Coruña) e Xermade e Guitiriz (Lugo); que asistíu puntualmente ás clases durante o curso 2014-15.
Tamén era de moi obrigado cumprimento darlle unha despedida como se merecía á directora saínte da UNED da Coruña: Dona Susana Blanco Miguélez.Emoción e ilusión na Uned Senior
Para a celebración da primeira parte:
-O noso Coordinador D. Luis Ángel Rodríguez Patiño foi o primeiro en dirixirnos unhas palabras de presentación do acto en sí.
-A continuación a directora saínte -visiblemente emocionada- resumíu en poucas pero entrañables palabras o significado deste proxecto tan “revolucionario” da UNED Sénior no rural galego creado por ela mesma.
-Tamén tivo unhas palabras cariñosas e moi alegres a Secretaria do Centro Asociado a UNED da Coruña, quen se manifestou moi satisfeita co que se leva feito neste campo e convidounos reiteradamente a volver moitas veces a ese emblemático lugar.

Acto seguido o Alumnado de Música maxistralmente dirixido polo profesor da materia -D. Francisco Javier García Canto- interpretou o o HIMNO da UNED Sénior da Galicia rural e unha canción: A UNED SÉNIOR, adicada a todo o equipo que forma este colectivo; seguidos dunha parte instrumental.
Para remata-la actuación do alumnado, Mercedes Cachaza Platas,-en representación de todo o Alumnado Sénior da Galicia Rural- leu unha cartra de despedida á nosa “Querida Susana” a persoa que foi nosa benquerida Directora desde o ano 2008 ata o día de hoxe.
O novo Director -D. Germán Carro Fernández- atopábase na UNED en Madrid.
Agardamos coñecelo para saudalo próximamente.

A emotividade ía subindo de tono e os aplausos foron abundantes e sonoros en todo o Salón de Actos porque as vibracións eran moi postivas naquel momento tan entrañable para tódolos presentes.
Na segunda parte tivo lugar a entrega de Diplomas a cargo das autoridades ali presentes:
-Autoridades educativas da UNED.
-Coordinador.
-Profesorado.
-E autoridade civís de Monfero, Aranga, Rianxo, Xermade… da zona na que está implantada UNED Sénior no rural galego.

Para despedi-lo acto reiterou o agradecemento a Directora saínte quedando á nosa enteira disposición en todo canto nos poida seguir apoiando no futuro desde o seu novo posto.

Como símbolo de agradecemento ofrecérónselle algún agasallos feitos con moito cariño polas propias mans do alumnado que asiste ás manualidades no Concello de Aranga.

Todo gratitude, emoción e tamén ilusión posta nun futuro prometedor para este proxecto tan orixinal como enriquecedor para o medio rural galego. Celebrar tamén a integración de Lousame ó noso colectivo. E agradecer de antemán o apoio da Sra Alcaldesa de Lousame a esta noble causa. ¡Benvidos! ¡Grazas!

Neste proxecto cabemos tódolos séniors do rural galego que teñan a ben irse incorporando á UNED Sénior da Galicia Rural.
Uns pinchos ofrecidos pola propia UNED e un xantar de confraternidade nun restaurante da cidade, puxeron punto final a este curso 2014-2015 que felizmente rematamos.

Pero tamén levamos deberes para estas vacacións: facer publicidade para que un día non moi lonxano nos vexamos reunidos na sé da UNED da Coruña tódolos Séniors da Galicia Rural tal como foi manifestado o desexo da Directora saínte.

¡Felices Vacacións: Autoridades, profesorado e alumnado da UNED Sénior da Galicia Rural!
¡Graciñas a todo o colectivo que facemos posible esta UNED!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES