Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Blanco sobre Blanco

lunes, 29 de mayo de 2006
Ninguén supoñía que Blanco ía chegar onde chegou.

O alumno de Orozco no Instituto Masculino de Lugo, integrado no Psoe polo seu mentor, tentou ser Alcalde en Palas de Rei sen conseguilo.

En Palas, como na maioría do rural galego, ata agora o PP é a forza maioritaria, e a vontade de Blanco non puido mover ós votantes palenses que daquela non consideraron que José Blanco podía ser un bo Alcalde para o seu concello.

Tampouco Orozco, nos anos oitenta, membro dunha minoría postergada do Psoe, podía soñar con ser algún día Alcalde con maioría absoluta para gobernar a cidade de Lugo. E, como tal Alcalde, traer ó Presidente do Goberno a come-lo polbo nas festas patronais do San Froilán.

José Blanco representa ós lucense no Congreso dos Deputados desde hai unha década, e tivo a sorte de estar no lugar acertado no momento preciso e tomar parte activa apoiando á persoa axeitada. De ahí (Congreso do Psoe) ó éxito só había un paso, e deuno.

Desde Madrid dise que controla Galicia, e algo máis. E déixase ver de cando en canto, especialmente para proporcionar temas ós medios informativos pola súa facilidade verbal.

Cada vez é menos “Pepiño”, e xa nunca “Blanquito”. O poder eleva ás persoas (tamén os seus nomes) por riba dos demáis.

Blanco é o azoute dos líderes do PP, o oráculo do Partido, o Gran Pai Blanco que desde Madrid sobrevoa a actualidade galega.

Ven de dicir que, despois da próxima lexislatura, vaise retirar da política activa. Querra dicir da nacional, porque sempre lle quedará Palas como asignatura pendiente, para abrir ó público o Castelo de Pambre ou descansar no Balneario desta parroquia das feridas que produce a política.

“Mentras eles gobernaban, aumentaba o crime e a delincuencia”, proclamou onte en relación co PP. Ten unha especial capacidade para ferir coa palabra. Blanco fai blanco sempre.

Blanco sobre Blanco un día e outro, azoute de infieis, Guerra de comezos do século XX, omnipresente… ¿Non o estarán queimando?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES