Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conserva-lo bo da vida

jueves, 18 de junio de 2015
O progreso non ten porque estar reñido coa tradición.
A tradición é a sabedoría que o pobo foi conservando a través dos tempos.
Ante un progreso -que por veces parece levar un ritmo moi acelerado-, non podemos esquecer todo aquelo que de bo ten a vida e que non hai nada que o supere nin que o iguale.

Así por exemplo:
-Non ten punto de comparación a conversa presencial coa feita a distancia.
Non é o mesmo estar falando con alguén a quen podes ver, tocar e observa-la súa mirada e a súa linguaxe corporal que mandar una mensaxe a través dun móbil, por exemplo.

-Non é o mesmo pedir una cita persoalmente que cando te tes que comunicar cunha máquina que o que fai é complicarche máis a vida, en moitos casos.

-Non é o mesmo ir a comprar nuns grandes almacéns que nunha tenda familiar onde te atenden e te asesoran persoalmente una persoa que te coñece de toda a vida.

-Non é o mesmo comer nun restaurante onde empregan todo tipo de productos químicos que comer na propia casa a mesma comida feita con amore dedicación, compartida en compañía das persoas queridas.

-Para unha persoa que está convaleciente, non é o mesmo ser atendido por persoas alleas que por una persoa amiga ou por un membro da familia ben querido.

-Para un bebé non é o mesmo o cariño da familia que o que pode recibir nunha gardería, por boa que esta sexa.

-A unha persoa anciá non lle dá o mesmo ser atendida nunha residencia que no seu propio fogar.
E así poderíamos seguir con outras moitas cousas.

Por eso, na medida en que sexa posible, cómpre conserva-las cousas boas da vida:

-Se vostede ten ocasión da falar persoalmente cun parente ou amigo, aproveite para visitalo.
As persoas queridas, prefiran estar xuntas en amor e compañía.

-Sempre que nos sexa posible pedir una cita persoalmente; teremos ocasión para poder establecer un diálogo co interlocutor, intercambiar un sorriso e desexarlle un feliz día.
Eso é máis enriquecedor que falar cunha máquina

-Cando temos ocasión de comprar en comercios familiares ou de coñecidos, sempre temos máis confianza.

-Se temos ocasión de comer na casa, en compañía; unha comida feita con amor, sentímonos máis cómodos e incluso nos aproveita mellor, ademais de ser máis sa e máis económica.

-Se algunha vez lle tocou de entrar nun quirófano ou estar convaleciente na unidade de coidados intensivos ou nunha habitación dun hospital; terá comprobado o ben que senta a compañía das persoas queridas:
Dan protección, dan amor, axudan a recuperarse máis axiña.

E … ¿Por qué os bebés criados no seo familiar, medran máis que nos orfelinatos tomando a mesma alimentación?
Os estímulos, o cariño, o contacto físico, as atencións fan que os bebés criados no seo familiar se sintan máis seguros, máis felices e queridos; o que lles facilita o desenrolo físico, intelectual, psíquico e afectivo.
¡Felices as criaturas que teñen esa sorte!

Hai situacións moi delicadas na vida. A ancianidade é una delas.
A persoa anciá, por moi deteriorada que se atope, ten necesidades afectivas, quizais máis acentuadas que nunca.
Por eso prefire ser coidada polos seus no seo do fogar.
Hoxe en día –coa incorporación ó mundo laboral- son moitas as persoas anciás que se ven privadas destes coidados, aínda que tamén hai casos verdaderamente exemplares.

A min paréceme que o coidado dos bebés, do enfermos e dos anciáns, debería estar regulado por lei de xeito que os poderes públicos apoiaran ás familias para que a ninguén lle faltaran coidados no seu propio fogar.

E vostede: ¿que opina?
Aínda sendo como é, existen familias que teñen como prioridade estes valores tan importantes na vida familiar.

O MUNDO LABORAL, O MUNDO DO PROGRESO ECONÓMICO, E A AVARICIA HUMANA, CEGAN NON POUCAS VECES O MELLOR QUE TEN A VIDA: O AMOR.
O progreso económico non sempre coincide co progreso humano e debería coincidir, porque se chegáramos a deshumaniza--lo mundo, sairíamos todos perdendo.
Estaríamos chamados a desaparecer.
Pero…temos que permanecer.
Por eso nos vemos obrigados a resistir.

Por eso o seguinte artigo levará este título: “RESISTIREMOS”
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES