Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dous paxaros (ou máis) dun tiro

lunes, 15 de junio de 2015
Coma se fósemos xunguidos da man. Os políticos de dous partidos de Baños de Molgas e un servidor. Os políticos do BNG e do PSdeG porque seica esperaron ata o último suspiro ou ata o tempo de desconto para chegar a un acordo e así arrebatarlle a alcaldía ó PP. E un servidor porque tamén esperou ata a prórroga (os venres adoito escribir o relato e deixo de prórroga os sábados) para comunicar por medio destas liñas o gozo que o embarga.

A ver, o de Baños de Molgas foi unha auténtica machada que nin os máis optimistas esperabamos, polo que imaxino a alegría e o orgullo dos vencedores. Pero o meu gozo aínda ten máis mérito porque tamén, en Barbadás, onde vivo, houbo outro cambio máis que desexado. Como se adoita dicir: dous paxaros (ou máis) dun tiro. Quen pode pedir máis!

A Baños de Molgas hai moitos anos que tivo que chegar o cambio, porque sendo como é unha vila onde se dá todo, absolutamente todo para ser moitísimo máis do que é, estivo sempre metida nun pozo sen fondo por culpa da incompetencia, do deixamento, da neglixencia e da nugalla dos que a gobernaron. Non sei se con este novo equipo iniciará o rexurdimento, a resurrección, pero o que si sei seguro é que a peor non pode ir. Intúo que si haberá cambios a mellor, tanto en Baños de Molgas como en Barbadás. Merecen ter máis do que teñen.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES