Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O poder do encontro

sábado, 13 de junio de 2015
Cando as persoas fan o posible por encontrarse é porque algo se move dentro delas. Unha química especial pon en movemento todo canto faga falta para que se produza o encontro.
O encontro prodúcese cando entre as persoas existen lazos máis ou menos afectivos producidos por diferentes motivos.
O poder do encontro
Hoxe xuntámonos aquí un grupo de persoas de diferentes provincias, de diferentes diócesis, de diferentes concellos, de diferentes parroquias, de diferentes idades, de diferentes profesións, de diferentes gustos, pero…
¡Algo nos trouxo aquí!
¿Qué será?
¿Será porque hoxe tocaba día libre?
Non, non porque a cadaquén, sóbralle que facer na súa casa.
¿Será porque hai moito tempo que non nos vemos?
Tampouco, porque nos vemos moi a miúdo.
¿Será porque temos ganas de comer, cantar, tocar e bailar?
Algúns pode que si, pero outros non.
¿Será porque quixo o Coordinador que viñeramos?
Non exactamente.
A el gústalle vernos xuntos ó seu carón, pero nós temos liberdade para facer o que consideremos máis convinte.
¿Será porque nos gusta estar xuntos?
Esto si que nos gusta a todos:
-Compartir mesa.
-Compartir mantel.
-Compartir cantos.
-Compartir música.
-Compartir alegría.
-Compartir compañía.
-Compartir experiencias.
-Dar a coñecer a UNED Sénior de Xestoso.
-Estar cos nosos compañeiros.
-Estar cos nosos profesores.
-Estar co noso Coordinador.
-Estar cos nosos Delegados.
-Agradecer a todos a súa presenza.
-Cultiva-lo compañeirismo.
-Vivir e dar vida.
Estas poden ser algunhsas das razóns que nos trouxeron hoxe aquí e como adoita a decirse polas cousas boas que ten a vida:
¡Por moitos anos!
Estes valores que nós cultivamos, son os mesmos que dun xeito ou doutro, transmitimos á sociedade que nos rodea.
Sabéndoo ou sen decatármonos, estamos sementado comunicación e concordia entre as persoas:
--Unha comunicación persoal, de ti a ti.
Unha comunicación presencial que di moito aínda que se diga moi pouco.
Por estas e outras moitas razóns que cadaquén sabe, hoxe é un día feliz para todos nós.
Unhas longas vacacións de verán nos terán ficsicamente distanciados, pero –se todo vai ben- o vindeiro curso máis e mellor do mesmo.
Moitas grazas.

(Este texto de Mercedes Cachaza Platas, alumna da UNED Senior de Xestoso, Aula de Paderne (A Coruña), leuno na celebración de fin de curso da Uned).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES