Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acordo, desacordo, trasacordo...

miércoles, 24 de mayo de 2006
Os galegos merecémonos outra cousa dos políticos.

Primeiro, merecémonos algo de sosego. Certamente, non só os galegos senón tódolos que convivimos nesta conxunción de autonomías que seguimos chamando España, e na que os xestos, as verbas, a escrita proclaman que os políticos non saben a que pobo representan.

Centrándonos en Galicia, que é onde estamos e o que máis directamente nos afecta, e aínda que non todos respostemos ó de “gallegos de lluvia y calma” do poeta, sí seguimos a ser repousados, calmosos, tranquilos e podemos e debemos pedir o mesmo ós que nos representan.

Goberne quen goberne, calquera proposta ou decisión supón a oposición frontal dos que non defendan a ultranza esa postura.

Eso quere dicir que as decisións ou as propostas non son razoables en absoluto, ou que non son en absoluto razoables os opoñentes. Ou as dúas cousas.

Pode haber acordos e desacordos. Pode haber acordos en algúns temas e desacordos en outros; e mesmo en determinados temas poden e deben darse as dúas posturas para lograr unha solución de consenso que mal ou ben satisfaga a todos. E pode e debe haber mesmo trasacordos, esa virtude que nos adorna ós galegos e que é moi posible que en ningún outro pobo do noso contorno estea regulada polo sentido comun e considerada como perfecto elemento para asentar as cousas.

Mentras siga facéndose a oposición pola oposición, o non polo non, a confrontación permanente, o estado de guerra latente entre as nosas forzas políticas, non podemos vivir tranquilos como desexamos as xentes de ben.

Desacordos, os menos. Acordos, os máis posibles. Trasacordos, todos. Así poderemos facer algo. Mentras tanto, vendo tanta palabra baleira, sen sentido, enfrontada e carraxenta, hai veces que se deben lembrar aqueles versos de Manuel María no “Terra Chá”, no que indica que están “os cans, entrelas eiras, a folgar / ladrando por ladrar”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES