Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Galeuzca a Galeuscat

martes, 23 de mayo de 2006
A tentación é vella: Xuntar as autonomías históricas do Estado español, e formar unha unidade que una ós que temos cultura e idioma propios, frente ó resto dos territorios de España.

Aquela Galeuzca coa que soñaron os vellos galeguistas tiña especial significación para os escritores que lograron froitos tanxibles en linguas entón minoradas cando non vilipendiadas.

Pero aquela Galeuzca foi como o Esperanto, o idioma nonnato chamado a ser universal. Galeuzca esmoreceu, quizais porque os loitadores eran poucos; quizais porque a loita conxunta non tiña futuro.

Xorde agora Galeuscat, para unir forzas nacionalistas dos tres paises que veñen ser as nacionalidades das que fala a Constitución.

Galeuscat, que recibe nome á vez parello e distinto parece querer herdar a idea pero arredarse nas formas nun intento que vai moito máis aló da primeira e literaria acción.

Por Catalunya participa Convergencia I Unió, por Euzkadi o Partido Nacionalista Vasco, e por Galicia o Bloque Nacionalista Galego, matrimonial xuntanza politica para garantir –Quintana dixit – a estabilidade, responsabilidade e compromiso cos seus países.

E nesto, que resucita – Guadiana político – o Partido Galeguista e nace o novo partido que impulsa Pablo Padín, para tentar repartir o voto nacionalista.

A idea da conxunción de forzas –antes literarias, agora políticas- é fermosa coma toda utopía. Pero se España non fose válida como unidade tampouco o sería esa parte de España que Galeuzca ou Galeuscat pretendeu e pretende.

Galeuzca foi un fermoso e efímero soño. Galeuscat, moito máis material, máis restrinxida, será o que unha U.T.E. no mundo empresarial: Unión temporal de empresas, que se desfai cando se chega ó remate dunha acción común.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES