Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O inventario do prohibido

martes, 09 de junio de 2015
O inventario do prohibidoO venres pasado, presentabase na Casa Habanera de Guitiriz o segundo poemario de Luz Campello García, a chairega de Labrada e con orixes nos Vilares. Introducida polo editor, Miguel Anxo Fernán Bello (Espiral Maior) e acompañada de Alfonso Blanco que facilitou a edición do seu primeiro libro A través de Xermolos co título "Do corazón da Terra" e tamén coa compaña de Marica Campo, a autora deu a coñecer a súa obra aos seus paisanos.

O poemario foi presentado xa en Lugo e o próximo venres tocaralle á Coruña disfrutar, en concreto nas Portas Ãrtabras, desta fermosa publicación

Si no primeiro libro as raíces da Terra eran patentes, neste segundo, O INVENTARIO DO PROHIBIDO, a condición de muller por riba de todo, enche a creación poética sen renunciar a esa condición apoiada tamén nas orixes.

Luz Campello, que bebe de numerosas fontes, di sentirse asistida dende sempre por Rosalía, tanto pola seu amor á terra como pola súa valentía como muller.
"Eu non son unha nin dúas nin outra".

O libro, nunha coidado edición, está prolongado por Eva Veiga, que remata o seu texto con estes versos da autora:
"Hoxe son a lúa enteira a gravitar
No reverso dos fonemas
E de ser a derradeira paso a ser letra primeira
De luZ a lúA".

Outro novo libro de poemas este ano que se une a Jaki Quintela co seu Delta e a Mar Veres na obra colectiva Misturas. Máis poesía desde Os Vilares, desde Guitiriz para encher de LUZ o mundo como dixo Díaz Castro.

LUZ, tanta luz, non.pode ser casualidade. Na Chaira, n Guitiriz, as pedras, a auga, son poemas. Poemas que en Luz convidan como xelo Arias deixou dito:
"Vide que vos convido
A vos ver
Vén que te reto
A te ver ti a ti dese ti en ti".

O INVENTARIO DO PROHIBIDO, Unha nova aportación á poesía galega contemporanea desde a Terra Chá. Só por iso, paga a pena.O inventario do prohibido
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES