Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dos socalcos ós Rañaceos

martes, 02 de junio de 2015
Dos socalcos ós Rañaceos: Saltos de xigante

O Alumnado da UNED Sénior de Xestoso dirixido polos delegados Dona Josefa Amelia Fornos Soto e Don Antonio Currás e coordinado por Don Luis Ángel Rodríguez Patiño; tivo ocasión de comprobar como se pode saltar dos socalcos ós rañaceos se hai alguén, que con esforzo e imaxinación, saiba albiscar que das pedras tamén se pode sacar pan, aproveitando as necesidades humanas nunha racha de bonanza económica.

Tal é o caso da Costa Branca, onde hoxe en día podemos observar unha paisaxe árida, semidesértica, literalmente esprimida polo turismo; transformada nun lugar de afluencia de multitudes de tódalas razas e cores, durante todo o ano.

Actualmente os leitos dos ríos xa non se lembran de cando estaban todo o ano acariciados polo líquido elemento e poboados de peixes xoguetóns, nenos bañándose nos calurosos días de verán e labregos extasiados pola calor -refrescando os pés- despois de sachar duro nos socalcos.

De pascuas en ramos, una riada fai acto de presencia pero por pouco tempo. Os peixes, nin velos. Son ríos mortos. ¡Que pena!

Setenta e sete mil persoas censadas en Benidorm, das cales doce mil son extranxeiras de cento vintedúas nacionalidades; que se quintuplican na época estival. Aquelo debe parecer un formigueiro.

Traballo e traballos para moitos, descanso ou festa para algúns; pero cartos só para uns cantos, dos cales moitos nin siquiera son españois.

Un pequeno pobo de pescadores transformado artifialmente nunha “Nova Iork” española, onde uns xigantes compiten cos outros a ver cal pode chegar antes a toca-lo ceo. Non sei porque me parece que se pasaron un pouco da idea do ministro de turismo impulsor da época dos sesenta do século pasado.

¿Qué pasaría se un día o Mediterráneo espertara do seu letargo?
Certo que o Alumnado da UNED Sénior de Xestoso, pernoctou en Benidorm; pero tamén aproveitou para visita-la zona:Dos socalcos ós Rañaceos

ELCHE foi o primeiro destino. Unha réplica en cemento da súa famosa DAMA, presidía o xardín dunha afamada fábrica artesana de calzado que presume de ser a maior do mundo.

Tamén vimos outra na Casa do Concello de Alacant pero a orixinal atópase ben custoudiada no Museo Arqueolóxico en Madrid. Data do século cuarto antes de Cristo. ¡Case nada!

Pero o máis famoso é o PALMEIRAL de ELCHE que se comezou a plantar cando andaba JAIME I reconquistando aquelas terras, aló polo ano 1237.
Por cada nacemento, plantábase una palmeira que ten uns trescentos anos de vida, aproximadamente.

A palmeira macho con oito brazos en forma de candelabro, está na horta do cura; chamada PALMEIRA IMPERIAL pola relación que tivo coa Emperatriz “Sisi”, de Austria.

Dos socalcos ós RañaceosO segundo pobo en visitar foi GUADALEX, un pobo de douscentos habitantes, situado a cincocentos metros sobre o nivel do mar, construído arredor dun peñasco no cume do cal se atopa o actual cemiterio. Esa si que é unha maneira de aproveita-lo terreo. Teñen que subi-los cadaleitos a pé. ¡Vaia sacrificio!

Un pobo espectacular pola situación e moi pintoresco por varias razóns:
-Porque conta cunha prisión nos baixos da Casa do Concello.
-Porque conta con nove museos, entre os que destacan un etnográfico e outro dun afamado coleccionista de miniaturas que tivemos ocasión de visitar.
-Tamén porque sempre tiña o mesmo alcalde porque era unha familia moi numerosa e sempre gañaba as eleccións a mesma persoa. ¡Curiosidades da vida!

De retorno paramos en POLOP DE LA MARINA, famoso polos douscentos pichos con nome de vilas alicantinas, que noutrora botaban auga todos, actualmente uns pouquiños, nada máis.

Tamén conta con outro MUSEO DE MINIATURAS do coleccionista nomeado en Guadalex. Alí pódense atopar todo tipo de enseres en miniatura desde o primeiro tren que ciruclou de Barcelona a Mataró, ata unha lambreta ou un cuarto feito de esparto como pode observarse na foto seguinte.
Toda una obra de arte, paciencia, delicadeza e intellixencia.

Tivemos un día diferente e moi feliz se non fora pola triste noticia do pasamento do noso compañeiro de Momán “VICTOR CORRAL CIBREIRO”, “Vituco” para os compañeiros, que de xove tivo a desgraza de perder os dedos dunha man cun artefacto “reliquia” da guerra civil: pero eso non lle impedíu exerce-la súa profesión. Ultimamente unha enfermidade foi minando a súa saúde. Non puidemos acompañalo no seu pasamento. Pero todos o recordamos con cariño porque era preciso axudarlle a corta-la carne cando comía. Agora xa descansa na paz e intercede por nós desde a casa do Pai, onde un día ou outro nos reencontraremos con el.
De momento: a vida segue…

Estando en Benidorm, non podíamos deixar devisita-la capital da provincia “ALACANT” (como lle chaman alí).
Subimos ó CASTELO DE SANTA BÁRBARA de orixe árabe, que foi prisión militar durante a Guerra Civil, o precioso PASEO DAS PALMEIRAS, o Museo das FOGUERES, semellantre ó das fallas de Valencia, o Museo dos BELÉNS, a CASA DO CONCELLO -de estilo barroco valenciano- que ten a COTA CERO SOBRE O NIVEL DO MAR, xusto no primeiro escalón que dá acceso á primeira planta da Casa do Concello, onde tamén visitamos varias salas e máis o Salón de Plenos.

Nesta capital tiveron e teñen moito peso os XESUITAS, donos da MONTAÑA GROSA que foron vendendo por parcelas. Din que o MUSEO ARQUEOLÓXICO de Alacant está considerado como o mellor de Europa. Tamén visitamos a concatedral de SAN NICOLÁS DE BARI, construída sobre unha mezquita. A catedral está en Orihuela, da que depende.

É de salientar que a cada nome das rúas séguelle una explicación, poñendo así a cultura a nivel do visitante.

E non se pode esquecer un FICUS CENTENARIO que recrea a vista, dá sombra e acolle ós paxariños que alegran os menceres alicantinos.

ALTEA e CALP foron os seguintes destinos. Destaca a UNIVERSIDADE DAS ARTES “Miguel Hernández” en Altea.

Camiño de CALP, una igrexa ortodoxa, súper luxosa con cúpulas en ouro, para servizo dos rusos residentes por alí e o PEÑÓN DE CALP, o espazo protexido máis pequeno de España.
Ós seus pés está a lonxa que tivemos ocasión de visitar.

Tamén visitamos unha fábrica de chocolate en LA VILA JOIOSA, onde nos explicaron o proceso de fabricación así como as súas propiedades.
Destacar que o personal laboral desta empresa é prácticamente todo feminino se exceptuamos os mecánicos e algún administrativo.

E por último, un grupiño de once persoas fomos por iniciativa propia, no tren de vía estreita que une Benidorm con Denia.
Socalcos e máis socalcos de laranxos, limoeiros, nispereiros, olivos e productos da horta valenciana regados por goteo moitos deles, durante o percorrido entre Benidorm e Denia, impresionaron as nosas retinas de tal forma que me deu pé para nomealos no título deste comentario.

De volta, os compañeiros que foron de segadores a Castela cando eran adolescentes, quixeron deixar constancia nesta foto con amapolas e cardos incluídos que lles traen ás súas mentes duros recordos, dos que se senten orgullosos.

A viaxe foi moi ilustrativa. Cada terra ten as súas peculiaridades, pero o xardín de España está en Galicia e a aula de Paderne está no Paraíso entre Ríos.

Chegamos cansados e felices porque ALGO MÁIS IMOS SABENDO como reza no noso himno.

Sentímonos orgullosos e moi agradecidos de integra-la UNED Sénior de Xestoso.

Desde estas liñas, as máis expresivas grazas a cantos a facemos posible.


Mercedes Cachaza Platas, é alumna da UNED Sénior de Xestoso, Aula de Paderne (A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES