Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugo: Sen saída!

viernes, 29 de mayo de 2015
Normalmente, unhas eleccións solucionan problemas en lugar de crealos; dan estabilidade a situacións revoltas, consolidando posicións fráxiles ou incómodas.

Non foi asi en Andalucía, onde unha situación incómoda provocou unha incomodidade –inestabilidade- maior; e non o foi nalgúns concellos de Galicia (o caso de Lugo é significativo) onde as eleccións complicaron un panorama xa bastante difícil.

Hai unha película – “Sen saída”- que en canto ao título se achega un tanto á situación do noso concello, onde o protagonista descobre que a súa vida é unha gran mentira, e que a única forma de deixar de fuxir –de sufrir- é plantar cara e tomar as rendas do seu destino. Aquí os protagonistas son varios, e as decisións difíciles: Ao PP non lle van deixar gobernar en solitario con nove concelleiros de 25, a pesar de ser a lista máis votada. Cidadáns non poden achegarse a ninguén, o que tampouco resolvería nada. O concelleiro da esquerda máis pura disfruta da gloria de, por fin, chegar ao concello. E Psoe, Lugonovo e Bng están atrapados nun bucle, que parece “sen saída”, a menos que un “raio divino” –Victor Manuel dixit- parta algo polo medio.

Ese raio pode levarse por diante a Orozco para algún exilio dourado, co que esa saída propiciaría a entrada dos outros nun goberno de concentración co Psoe, e aquí paz, veñan días, caian pans e despois groria. Porque Lugonovo non ten maís saída que borrar a Orozco, segundo os postulados do grupo, o mesmo que o Bng, que se divorciou del xa na pasada lexislatura.

Podería vir un raio desde as alturas xudiciais liberando a Orozco do xugo da imputación… sería a única solución que a todos permitise respirar tranquilos.

“Sen saída” está considerada unha das peores películas do 2011. Esta situación lucense, forzosamente breve pero ben intensa, máis ca un soño co que ninguén contaba é un pesadelo para todos (unha mala película) ata que alguen decida que “ata aquí chegamos”. E ¡Viva Cartagena!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES