Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (35)

jueves, 28 de mayo de 2015
Ano 1931


Comisión Executiva de 4 de xaneiro. Apróbanse as contas de 1930 e infórmase de que queda como remanente para 1931 a cantidade de 9.530,07 ₧.

Comisións Executivas de febreiro-marzo. Na sesión de 10 de O Hospital asilo de Vilalba (35)febreiro acórdase plantar na horta árbores froiteiras. Na de 4 de marzo pagar 4.875 ₧ a Juan Fernández por estaren acabadas as obras de acondicionamento da á esquerda.

Asociación de mestres do partido de Vilalba. Celebrou reunión xeral ordinaria. Á súa fronte, Carlos Moltó e Evaristo Cuena. Tratáronse asuntos relacionados co ordenamento da Educación.

Para a escola de Corvelle. Os irmáns residentes en Bos Aires, Antonio, Dolores, Concepción e Ermelina Fraga Pardo xunto con Irene Rouco Basanta, fixeron doazón de 460 ₧ destinadas á continuación das obras do edificio. Son dignos de aplauso por tan altruísta proceder.

«Ensayos poéticos». Con este título acaba de publicar Antonio Quintela Ferreiro un libro de poemas que reúne composicións escritas desde os dezaseis anos.
Malia as indagacións realizadas tampouco conseguimos manexar un exemplar desta obra. Sen embargo é posible reconstruír parte dela grazas a que os versos viron a luz no «Heraldo de Villalba», sempre aberto ás novas voces poéticas.

Achéganse as eleccións. Mes de abril. As eleccións municipais están próximas e moi disputadas. Velaí como as ve «Don Travieso» -Antonio García Hermida- nunha das súas colaboracións habituais do «Heraldo».

Están ya cerca
las elecciones;
tiemblan de gozo
mil corazones,
¡Al final el pueblo
va a ser feliz:
toman las cosas
muy buen cariz.
Van a la lucha
conservadores,
republicanos
y otros sectores,
todos ardiendo
en el noble afán
de que no falten
trabajo ni pan.
Todos demuestran
desde un principio
un amor loco
al municipio,
todos trabajan
por nuestro bien:
pronto a Villalba
llegará el tren.
Tengo un amigo
republicano
que por la «causa»
trabaja ufano;
hay que premiarle
tanto correr
¡Buena tajada
le ha de caer!
Están contentos
ciertos pancistas
y van del brazo
con los marxistas
quienes ensanchan
su corazón;
se vive a gusto
sin religión.
De las riquezas
harán despojos
los bolcheviques
verdes y rojos;
esas doctrinas
hay que alabar
¡Cuantos que ríen
han de llorar!
La primavera
con sus rosales
trae este año
los concejales
todos de opuesto,
vario color;
un arco iris
muy brillador.
Un nuevo día,
rosada el alba,
hoy amanece
para Villalba;
todos trabajan
por nuestro bien:
pronto, muy pronto
llegará el tren.

Mitin socialista. Celebrouse no «Teatro Villalbés». Fixeron uso da palabra Matías Usero Torrente, Alfonso Quintana e Jaime Quintanilla, de Ferrol. Parece que nos discursos houbo alusións persoais que non viñan ó caso e que pouco din a favor dos oradores.

Mitin anticonjucionista. Tamén se celebrou no «Teatro Villalbés». Figuraron como oradores Antonio Peña Novo, desta localidade, César Otero López, da Federación Agraria de Lugo, e Manuel Portela Valladares, que foi deputado a Cortes pola Fonsagrada e ex-ministro da Coroa. Estivo pouco concorrido.
A «Conjunción» foi unha coalición de partidos na que se integraron socialistas, republicanos, nacionalistas e antigos dinásticos para facerse coa maioría nas eleccións e proclamar a república. Os partidarios da «Conjunción» lograrían o seu propósito e gobernarían durante o bienio 1931

«Al retirarnos». Este artigo que encabeza o «Heraldo de Villalba» do 12 de abril manifesta o sentir triste do seu director sobre os acontecementos nos que está sumida a sociedade vilalbesa en particular e española en xeral. Foron dezaseis anos nos que desde estas páxinas se defenderon os intereses de Vilalba, da súa comarca e nos que se mirou polo progreso e interese común.
Agradécense os apoios recibidos e as mostras de simpatía que desde moi diversos ámbitos chegaron á redacción do xornal.
Ese mesmo día celebrábanse eleccións municipais. Os resultados das mesmas deron como vencedores numericamente e nas zonas rurais ós candidatos monárquicos. Sen embargo nas grandes cidades gañaron os partidos republicanos. Dous días máis tarde, 14 de abril, algúns concellos urbanos proclamaron a República e o rei Alfonso XIII cruzou a fronteira, sen abdicar, camiño do exilio. As eleccións ás Cortes Constituíntes non se celebrarían ata o 28 de xuño deste mesmo ano. O resultado foi dun claro trunfo dos partidos de esquerda, se ben moi fragmentados o que provocou unha gran inestabilidade nos sucesivos gobernos.

Comisións Executivas de xuño, xullo e agosto.
−Acórdase encargar a instalación de fontanería a Jesús Miragaya.
−Encoméndaselle o lucido de cales da á esquerda, incluída a capela, a Francisco Santalla Bañobre, a razón de 2,90 ₧ o metro. As obras xa estaban practicamente listas. Para proceder á inauguración do edificio nas próximas festas de San Ramón, adóptase o acordo de que se convide ó administrador apostólico do bispado de Mondoñedo e ó bispo de Lugo para que bendigan as instalacións.
A tal fin encárgaselles ós señores López Arias, Jiménez Fraga e Díaz Anllo que se entrevisten coas citadas personalidades.
-As autoridades eclesiásticas responderon positivamente á proposicións para presidir a inauguración do edificio. Fíxase o evento para o 2 de setembro, coincidindo coas festas de San Ramón, coa celebración dunha misa solemne na capela. Tamén se acorda que se convide ás autoridades da vila, ó gobernador da provincia, á Deputación Provincial e ó inspector provincial de Sanidade. En rematando os actos relixiosos, os membros da Comisión Executiva, do seu propio pecunio, convidarían as autoridades que estivesen presentes a un xantar.
E como o hospital asilo xa está en condicións de funcionar, acórdase que se inicien os trámites legais para tal fin, que se confeccione un regulamento de réxime interior e que se forme un padroado de beneficencia privada, onde figurará como vocal nato o alcalde de Vilalba por ser a representación popular.

Comisión Executiva de 21 de setembro. Para poñer en funcionamento o hospital asilo existían dúas dificultades a vencer:
a) Que unha congregación relixiosa se fixese cargo da xerencia.
b) Conseguir fondos para que a obra puidese ter continuidade.
As xestións realizadas ata o presente para que unha congregación relixiosa se fixese cargo do establecemento non deran resultado. Á situación non eran alleas as inquietantes noticias que neses tempos circulaban sobre o futuro das comunidades de monxes e monxas.
Na presente sesión acórdase escribirlles ás Servas do Corazón de Xesús, de Bilbao, pedíndolles as condicións nas que se farían cargo do hospital asilo.
Para o sostén económico a Comisión diríxese ós dez deputados pola circunscrición de Lugo coa finalidade de que ou ben comprometan unha renda anual de 10.000 ₧ ou ben un capital, por unha soa vez, de 200.000 ₧ que, investido en débeda pública ó 5%, dese como renda a cantidade sinalada.
A inauguración do edificio supuxo dotar de ornamentos a capela.
As influencias de Agustín López Arias tamén se deixaron notar:
–Un xogo de vinagreiras doado por Marino Burgos Cruzado e señora.
–Seis candelabros, un misal e un crucifixo doados por Eliseo Díaz Anllo e señora.
–Un atril para o misal doado por Agustín López Arias e señora.
–As imaxes da Virxe, San Xosé e Santo Antonio doados por Benigno González, Antonio Pardo Villarino, Cosme Sacido Ramil, Manuel Pardo Villarino, Jesús Rouco Cortiñas, Jesús Cillero, Antonio Leal, Manuel López Arias, e Jesús García Purriños. Todos eles habaneiros ós que vimos en anos anteriores como dirixentes das sociedades habaneiras que tantos recursos económicos aportaron para o progreso dos habitantes do concello de Vilalba.

Comisión Executiva de 14 e 18 de outubro de 1931. As Servas de Xesús contestan manifestando que non poden facerse cargo do hospital. Acórdase dirixirse ás Irmás da Caridade.
En sesión monográfica do 18 apróbanse as «Bases para o réxime e funcionamento do Hospital–Asilo de Vilalba», é dicir, o regulamento no que se definía como institución e no se formulaban as súas finalidades. Especialmente significativo é o artigo primeiro: «O Hospital Asilo de Villalba, provincia de Lugo, é unha institución de beneficencia particular, debida principalmente á caridade dos fillos do municipio, e que ten por obxecto, dunha parte a asistencia e coidado dos enfermos pobres, e doutra o recollemento dos anciáns desvalidos».
Para o sostemento continúabase coa idea do investimento en débeda perpetua ó 4% e na administración de doazóns e legados.

Comisión Executiva de 20 de decembro. A resposta das Irmás da Caridade ou de San Vicente Paúl non respondía ás expectativas da Comisión. Acórdase dirixirse ás Irmás Terciarias Franciscanas, que rexentaban o sanatorio de San Lourenzo en Santiago.

Velada teatral a favor do hospital asilo. Celebrouse no «Teatro Villalbés» o 27 de decembro. Como pode verse pola folla anunciadora reproducida na páxina seguinte, no repertorio figuraba:
−Pasodobre da zarzuela «Nubes de verano».
−Pasatempo nun acto de Leandro Carré Albarellos «Pra vivir ben de casados», peza de 1918.
−Zarzuela galega en dous actos «Treidores celos», orixinal de Carmiña Prieto Rouco e música de Manolo Currás Guntín. Decorados do escenógrafo coruñés señor Souza.
−Tango, «Piedad».
−Ó final, gran baile.

Encargábase da venda das entradas a propia Carmiña Prieto Rouco. Os prezos: 1,00; 1,25 e 1,75 ₧.O Hospital asilo de Vilalba (35)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES