Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terra Chá, o día despois...

sábado, 23 de mayo de 2015
O día 24 son as eleccións municipais e todos agardamos a ler os resultados para saber que vai ser da comarca o día despois, a composición das corporacións nos concellos e tamén na Deputación Provincial. Catro anos nos que se agarda que mellore a economía e que nos concellos da Terra Chá se xere emprego e mellore a calidade de vida, pero esas expectativas só se poden cumprir si se conta cos instrumentos para levalas a cabo, os proxectos e ferramentas necesarias para ese obxectivo.Terra Chá, o día despois...
Nunha comarca na que o sector agro-gandeiro e forestal supón de maneira directa e indirecta un pilar da economía, a aposta por eses sectores de maneira coordinada, xerando proxectos de I+D+I, coordinando os impulsos e iniciativas públicas e privadas, o aforro de enerxía, a creación de empresas e emprego no sector promovendo políticas de promoción de produtos e protección medioambiental, as sinerxias entre os diferentes gobernos independentemente do signo político debera ser algo normal.

O 90% do territorio chairego é rural e sin embargo o seu aproveitamento no relacionado con eses sectores é moi baixo. No sector forestal a industria madeireira é practicamente a beneficiaria mentres que o aproveitamento enerxético da limpeza do monte é inexistente.

O aproveitamento da paisaxe chairega como motor da economía turística, etnográfica e cultural é deficitaria até o de agora e o peor é que non se adiviñan proxectos globais e coordinador de futuro a medio prazo nese camiño e seguiremos dependendo máis de iniciativas puntuais e descoordinadas que dunha planificación común que poña en valor o grande potencial de recursos da Chaira por diante de intereses locais e partidistas.

O día despois, os chairegos e chairegas agardan dos seus gobernantes proxectos e iniciativas que impulsen a economía e xeren emprego. Os gobernos teñen os recursos, que están na nosa natureza e deben poñer as ferramentas para que esa maquinaria funcione.

Cando se proxecta o crecemento dun concello con un plan urbanístico, a anos vista, o mesmo debe suceder noutros aspectos, como o enerxético, o cultural, o agro-gandeiro e forestal e o turístico, dunha maneira ordenada e máis aló de conxunturas electorais. Eso é poñer á xente por diante. Veremolo o día despois?
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES