Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mariños de terra adentro

miércoles, 20 de mayo de 2015
Maio de 1972. A peña O Lar viaxou á Feira do Viño, en Ribadavia, participando medio cento de persoas, convidadas por Herpo, distribuidora na bisbarra dos productos da Cooperativa Pazo-Ribeiro.

Os excursionistas foran recibidos polo Presidente, Euloxio Gómez Franqueira, promotor da cooperativa Coren e fundador do partido político Coalición Galega, que os acompañou no percorrido polas instalacións, nas que quedou pendurada unha foto xigante de Foz lembrando a visita, e tamén polo eximio escritor Alvaro Cunqueiro, figura ilustre das campañas publicitarias da firma.

No mes de xullo, chegaba a Foz a peña A Ulla de Monterroso que, con grande sorpresa, o fixo por mar. Os de secano, coñecedores da dramática historia da “barra”, quixeron dar unha lección a políticos e técnicos de portos e, facendo un corte de mangas a ambos colectivos, embarcaron na Espiñeira para navegar ata o malecón do enxeñeiro Garelly na dársena interior, onde a esbelta nao, ó mando dos expertos oficiais da Armada , o Capitán de Fragata Constantino Mariño e de Corbeta Anxel Niñe “Minguín”, quedou atracada.

Ambos vestían uniforme de gala de verán, lucíndo distintivos e condecoracións sobre senllos heroicos peitos; o primeiro recibindo ós tripulantes na ponte de mando, firme, saudando militarmente, coa enerxía que os cánones da disciplina castrense esixen, e o segundo situando ao personal a bordo, nos postos que ocuparían na travesía, dando instruccións ó respecto para que cada quen actuase correctamente nas manobras que os esperaban naquela inesperada navegación, ou no caso de que en “alta ría” se dera incidente que puxera en risco a integridade física de tanto monterrosino xunto que, por certo, viviron un bautismo de mar pracenteiro e, xa en terra, mesturados cos indíxenas, unha xornada de feliz camaradería, como era costume, entre escenas de humor, estimulantes brebaxes e belidas cantigas que remitían sempre “á feira de Monterroso”, para ó remate despedir ós amigos, acariñando a idea de, sen tardar, repetir a experiencia… Así foi e prevaleceu por anos.

Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz.
(Vellos recordos, I)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES