Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pouco eficientes

miércoles, 20 de mayo de 2015
Despois de seguir con interés as propostas de campaña doas distintas forzas políticas, e pasado xa o ecuador da mesma, chámame poderosamente a atención que prácticamente non se abordan plans de Pouco eficienteseficiencia enerxética para os concellos e que as mínimas propostas existentes sexan parciais e limitadas só a simples cambios de luminarias.

Apenas dúas ou tres forzas plantexen alternativas para o monte nunha comarca con unha grande masa forestal rendibilizada exclusivamente polo sector madeireiro, cando empresas, comunidades e inmobles públicos teñen un alto consumo de gasóleo a alto prezo ademáis do risco de incendios que supón ter o monte sin limpar.

Neste mandato fun testemuña de como en.moitos concellos se optou para o aforro lumínico por apagar farolas alternas, medida ilegal e que deixa ás claras a mediocridade de moitos dos alcaldes que nos gobernan.

A enerxía debe ser un dos pilares dos gobernos, máxime en tempos de crise, pero tamén como aposta de futuro, ecoloxía e creación de emprego.

Só un grupo político da Terra Chá leva no seu programa unha aposta clara e seria para a enerxía, que integra rural e urbano, monte, aproveita o cambio a led para un telecontrol con novas tecnoloxías para o futuro e xeneral emprego con ese plan, ao que chaman "Guitiriz intEliXENTE", o PSOE de Guitiriz e a súa candidata Regina Polín. Alomenos neso, vai por diante.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES