Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

España é unha circunferencia

miércoles, 20 de mayo de 2015
Dicíannos na escola unitaria dos recordos, que a todopoderosa España tiña a forma da pel dun touro esfolado, mais eu penso que Hispania ou Iberia é unha circunferencia; e o centro é o embigo do noso mundo, o ser supranacional, o deus, o señor, o Xúpiter do Olimpo, e se se fala alí, os demais tan só cómpre que asintamos unanimemente, porque os “gurús”, aínda que non sexan de alí, pensan como se fosen de alí, e aquí tan só hai provincianos que non sabemos nada, nin de aquí, nin de alí, pero cóllennos os votos de aquí para despois pensar coma os de alí, . . . sendo de aquí . . .Que barbaridade!

España parécese mais ben a un funil ou embude no que todo corre para o centro, non importa que sexa sólido, líquido ou gasoso, porque o furado do infundíbulo é Madrid. Tamén se me parece a unha roda pois para ir a outra provincia ou cidade distante, hai que coller os radios, pasar polos radios e achegarse ao eixe – que é Madrid – para coller outro radio descentrado. Xamais entendín a radialidade de España, onde os burócratas e os grandes sempre estiveron alí, e alí había que ir para preguntar “ ¿Qué hay de lo mío?”

Nunca entenderei como Madrid pode ser unha autonomía nin cales son as razóns que moveron aos que tal fixeron, sendo ademais coñecida por estar en contra das outras autonomías; “verbi gratia”, ela ten un imposto de sucesións, ridículo, pero púxose en contra de retiralo as outras autonomías. Madrid é o embigo de mundo coñecido polos galegos, a bolsa ou o saco, do home do saco, a onde vai o diñeiro e volve diminuído a nós. Madrid é o país de ida e volta; tampouco entendo como algo ten que ir para poder volver, cando. . . se algo está nun sitio, poderíase coller e usar nese mesmo sitio; pero. . . non, hai que mandalo para aló, e despois que volva, porque desa maneira faise negocio, porque para mandalo, recibilo e volvelo mandar, xérase unha infraestrutura que pagamos todos os pringados, de aí que Madrid sexa unha entelequia que viviu e industrializouse á conta nosa, á conta da periferia da roda que leva os cartos a este centro da corrupción, que nega a existencia do perímetro da roda e intenta impoñer as súas leis, a súa lingua, a súa política, a súa economía, a súa . . .

Que sorte teriamos se ocorrese o que un día, creo que dixo Carrillo “moito ganariamos se Madrid fose independente”.

Que siga a roda! Fagan xogo, Señores! . . .

Benquerido Madrid, non me fagas caso do que che digo, . . . mais pensa.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES