Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Non están todos os que son'

miércoles, 20 de mayo de 2015
Eu son un deses dos que fala Xosé Manuel Carballo, “non están todos os que son”. Considérome amigo e compañeiro de fadigas dese chamado Cerna de Carballo, Xosé Manuel, moi coñecido por estes lares de GD, (por fin, ¡ALBRICIAS! ¡non se nos foi a Cerna, volve outra vez ao rego, arar neste terra, con escrito Sinais de vida nunha prórroga),coñecido, pois, tamén pola Terra Cha, por Lugo, Galizia e polo mundo mundial, pois cando chegamos a Barcelona sabían deste home nas súas diversas facetas, e incluso ao chegarmos a Bos Aires polas historias dos nosos emigrantes spubemos alí a luz deste home, que tanto admiran e agradecen seren os seus amigos, sobre todo, e hai que decilo cunha ademiración incomensurabel, un que se chama Darío Rivas. Xosé Manuel deu con el e escribiulle un libro “Darío Rivas Cando. Autobiografía” cuxa redacción é autor Xosé Manuel, mais o Darío dicíanos: “o meu amigo Xosé Manuel escribiu coma se el se metese en min”.

Trátase, como moitos sabedes, deste home que non porou ata atopar uns osiños de seu pai, alcalde de Castro de Rei, que fora asasinado no 36. Estes persoeiros, tanto o pai coma o fillo xa pasando dos 90 anos, moi popular e nos medios de aquí e de Arxentina.

Todo isto ven, porque estivemos durante estes meses pendentes, pensando en que se nos ía deste mundo o amigo, que aínda que non estamos somos. E preguntábamos ao noso enlace, Xulio Xiz, que nos daba as novas nada alentadoras, até que xa a cousa foi para ben. Mais hoxe xa é para cantar pola mensaxe na Galicia Dixital. Tiña eu concretamente un pouco de responsabilidade en que naqueles días precisamente en que o alento lle faltaba e as irritacións da gorxa tiñaas bastante atascadas, quixo honrarme coa movida da presentación dun libro meu en Lugo e Mondoñedo. O médico díxolle que non falase que non andara por aí apurado e removendo Mondoñedo con Lugo, mais alí estaba el co papel que leu Rosa coa axuda de Xulio Xiz, mais especialista na palabra comunicadora como el é, non aguatou escoitar os folios que el escribira, senon que aínda tivo que botarse a “falar por un Tubo” cando el “falaba polos dobados”, este é un chiste del, mais aquel día de invernía e mala cara do tempo fixo un grande esforzo por comunicar máis do debido, pois a xente aplaudía a rabear, porque efectivamente falou por un tubo, quebrantando tanto pola viaxe como pola fala a prescripción facultativa.

E aínda máis. Xa antes, un día fomos á súa casa e eu sen querer ou non o sei, collín o libro de probas, CERNA DE CARBALLO e ao chegamormos a Ferrol alí estaba nos asentos traseiros do coche. Alegreime ben, pois nesa tardiña e parte da noite lin até fartarme. Unha chamada: “Ti leváchesme o libro de probas e faime falla urxentemente”, “Levei, ho, levei, lévocho mañá”. “Non, chega que mo traias á gasolineira da A6”, e fíxenlle vir a correr buscalo ao pasarmos cara a Madrid. Mirade se son responsable, ou non?, da súa caída e recaída por andar ao redor de mín.

Mais dou gracias por termos estes encontros, se ben trouxeron uns atrancos na saúde de Xosé Manoel. Ben sei que non teño toda a culpa. De todas as manieras, repito, ¡albricias!, ou Aleluya.

Outra vegada falaremos de verdade que é iso de ter un amigo.

Adiante Xosé Manoel, sen présa, amodiño!. Dicía miña mai “vísteme amodo
que teño présa”. E imos ler o libro dos amigos que están. Di que vai seguir a escribir do samo, esa parte da árbore que lle entra a picouza, Non creo que teña moito que facer a tal picouza con esta cerna, aínda que lle meta páxinas.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES