Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Localidade

lunes, 18 de mayo de 2015
Nestes días estamos a vivir un momento álxido nas asociacións de Guitiriz, unhas 46, a maioría de carácter deportivo. Este concello foi elexido pola Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, para facer un estudo da situación destes colectivos, diagnosticar cales son as súas necesidades, e buscar as ferramentas para garantir o seu futuro.

A iniciativa “Localidade” na que tamén están a principiar en Chantada e Mondoñedo, tres concellos diferentes que van servir de pivotes para avanzar en toda a provincia.

Unha socióloga, un sociólogo e un politólogo están a xuntarse con xestores das asociacións en grupos pequenos, recollendo información, provocando o debate e a análise para coñecer mellor o estado de saúde de todas elas. Estamos a participar nunhas xornadas intensas de comunicación de experiencias entre iguais, sobre traxectorias distintas pero cunha mesma teima: arrequecer ás veciñas e veciños cos recursos humanos de cadaquen que sempre medran cando son partillados cos demáis, porque ninguén é unha illa.

Nestes encontros estamos a percibir como formamos unha rede de axentes culturais, sociais, deportivos…, cunha mesma teima: mellorar a nosa calidade de vida. Cómpre felicitar ás e aos mentores deste proxecto porque é un xeito de dinamizar á cidadanía e mesmo rexenerar a democracia, porque son estes grupos de base os que están a medir o pulso do pobo, dende as súas inquedanzas e arelas, sen erguerse a teorías máis abstractas que só benefician ás élites. Non é flor dun día, están a comprometernos nun longo camiño de busca e decisións puntuais que á fin vai beneficiar a toda a poboación.

Abofé que o pequeno treito que xa percorrimos deunos frescura e alento, mesmo a aqueles que estaban un pouco aletargados, adiviñando un novo ronsel na nosa convivencia, así valoramos neste impulso un xeito de loitar contra a despoboación, nun concello que perdeu 2030 habitantes dende 1981. A unión fai a forza, e si o tecido asociativo é capaz de soñar e construír unha programación común, o noso mundo rural inzará en máis vida, grazas as súas iniciativas, porque ás nosas parroquias acaelle este proceso de descubrir as súas enerxías e canalizalas para seguir mantendo e incrementando o patrimonio tan vizoso que herdaron dos seus devanceiros.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES