Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha vila galega en Londres

viernes, 15 de mayo de 2015
Cada ano, contan os xornais, unha vila galega enteira trasládase a Londres. 3.000 rapaces, moitos deles con alta cualificación na City, cada ano. Cantas vilas emigraron a Alemaña? E cantas aldeas de xente nova se trasladan a Holanda, a Bélxica, a Suecia?. As nosas, as aldeas galegas enxebres son unha paisaxe humana envellecida.
Di unha nai emigrante: “Inglaterra é verde do que teño chorado”.

Di unha titulada de turismo: “Aquí o soldado raso está fatal, pero tes oportunidades de crecer na empresa”.

Di un enxeñeiro: “Cobro aquí de xardineiro máis que cando traballaba en Galicia de enxeñeiro de montes”.

Imos para oito anos de crise e as élites aínda non se percatan de que as políticas de auteridade non funcionan. Insisten en ‘aplicar máis reformas estruturais’ como manda Bruxelas. Por qué non explican que esas reformas só significan baixar impostos aos ricos, liberalizar todo, privatizar ata o aire que respiramos, baixar soldos, reducir dereitos laborais? Reformas estructurais, Rajoy, Montoro, en definitiva o noso W. Schäuble saben moi ben que os beneficios empresariais disparáronse e son máis altos ca nunca e que o factor traballo cada día pesa menos na renta nacional. E resulta curioso que nestas políticas contra os traballadores, neoliberais e socialdemócratas camiñan xunguidos no mesmo carro. Iso explica que a xente busque outros partidos para protagonizar o futuro fronte oa bipartidismo que esquece á xente.

Na defensa do seu, altofalantes oficiais e afíns bombardean a cotío cunha primavera de brotes verdes. Un tal De Guindos, experto na opaca ciencia da economía, hoxe ministro de Facenda e antes directivo no trampulleiro Lehman Brothers, di que esa primavera é por tres razóns: baixada do petróleo, tipo de cambio do euro e medidas do BCE. É dicir, nada que ver co noso goberno que fai o que lle din que faga: reformas estruturais contra os traballadores. E esperar que escampe.

A mala sorte é que a xente come cada día e que paraísos futuros non garanten o pan noso de cada día. E a xente que pode compra un billete e marcha. Como Elena Herrera, que aproveita a entrega dos Premios Extraordinarios de Doutoramento para criticar a fuga de talentos e entregar en man ao rector da Universidade de Oviedo a tarxeta de embarque. ‘Este vaise i aquel vaise / e todos, todos se van…’, laiábase Rosalía. É así de grave, tamén aquí estamos a quedar sen paisaxes humanas. A pirámide demográfica é un trompo e gastamos máis en cadaleitos que en cunas.

E no Pazo do Horreo? E en San Caetano?... Andan no seu. Mentres os máis novos levan na mochila do cerebro o valor engadido. E os titulados, beneficiarios de custosísimas inversións que agroman fóra, e vítimas das “reformas estruturais”, empadróanse na vila galega de Londres.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES