Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A financiación da Igrexa

martes, 09 de mayo de 2006
Estas semanas, o Ministerio de Hacienda está enviando ós galegos bocetos da declaración da renda baseados nos datos que constan nos seus ordenadores.

No lugar correspondente á asignación tributaria do 0,52 para a Igrexa ou para outras atencións sociais, o Ministerio barre para sí e pon o “X” no lugar que corresponde a esas “outras”, influíndo para que non se lle otorgue á Igrexa Católica.

Podería ser imparcial, o que ó mellor é moito pedir, pero non o é. E a Igrexa, nesta loita, leva as de perder.

A Igrexa, a institución máis antiga das que posúe a nosa sociedade, arrastra virtudes e pecados seculares; arrastra sona de amasar riquezas, e sen embargo posúe milleiros de seguidores crentes que dan a vida pouco a pouco polas causas máis humildes. E, sen embargo, non consigue que os católicos se volquen en masa a colocar un simple “X” nun determinado lugar da súa declaración da renda.

E o tema non mellora. Pero a Igrexa ten outras fontes de financiación.

Pola herencia de vellos tempos, nos que o Estado incautou bens que a Igrexa acopiara durante séculos, séguense a pagar indemnizacións concordadas.

Polos traballos asistenciais ou de servicio público, tamén percibe ingresos.

Pero o verdadeiramente interesante, tanto desde o punto de vista dos ingresos como da receptividade por parte dos fieis, sería que os católicos se volcasen a colocar “X” no lugar correspondente da Declaración da Renda.

Quizais á Igrexa, nos últimos tempos e agora, lle fallan as relacións públicas. En cambio, ó Goberno – a tódolos gobernos- funciónanlles de marabilla.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES