Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chavela Vargas cara á vida

miércoles, 13 de mayo de 2015
“Hacia la vida” era unha canción na que Chavela Vargas recoñecía o seu descenso ao inferno do alcol e o camiño cara á morte que un día emprendeu sen saber por que. O caso é que a dama do poncho vermello que cantou Sabina tivo a coraxe de recoñecer durante un concerto na sala Caracol (Madrid) este descenso tráxico que conseguiu remontar cara á vida.

Na citada canción valoraba cada momento da vida e, poñendo nunha balanza o bo e o malo, apostaba por virarlle o sentido da ledicia.

Creo que Chavela Vargas soubo vivir recoñecéndose no espello de cada erro sen deixar que ningún deses espellos se converteran nun límite da vida. Por iso, a súa canción evolucionou ata o seu derradeiro folgo e por iso, tamén, cando falamos de Chavela falamos dunha voz que transmite, unha voz ronca, rachada, desgarrada, ás veces aterrada e,ás veces, mesmo aterradora pero sempre chea de humanismo, denuncia e liberdade.

Chavela é o exemplo de que de nada vale unha gran voz senón canta o que sinte e, tamén, é o exemplo de que o corazón que sinte, é capaz de forxar vías para comunicar todo aquilo que leva dentro. Querer é poder, iso é Chavela: unha vontade que ferve en cada verso e fainos sentir con todo o noso corpo.Para escoitar a Chavela non nos chegan os oídos, nin os ollos, nin o corazón... fainos falla todo o corpo porque Chavela é unha voz que abre camiño onde hai abismos, construíndo pontes cara á liberdade. Unha voz que nos libra da morte para vivir con intensidade, convidándonos a consumir ata o derradeiro folgo ese gran milagre que é a vida.

Chavela é a muller que soubo vivir, aprendendo dos seus erros sen arrepentirse de telos cometido e mudando o camiño sen negar as equivocacións. De Chavela, aprendo a recoller todas as ensinanzas que me pon diante a vida para poder gozar cada momento que me ofrece como un agasallo irrepetible.

Longa vida á música de Chavela Vargas.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES