Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caudillos modernos

sábado, 09 de mayo de 2015
Si, xa sei que non é moi humilde no columnismo, iso de andar facendo referencia a columnas anteriores, porque implicitamente damos por suposto que temos un feixe de fieis seguidores e iso, a miúdo, é moito menos certo do que os nosos solitarios egos desexan.

De tódolos xeitos, hoxe vou fender a norma, entre outras cousas porque a referencia que solicito é á columna de nantronte, polo que, se non tivo ocasión de lela, aínda pode procurar o xornal nun bar ou nunha cafetería calquera (ou, senón, sempre lle queda o recurso -agora moito máis cómodo- de ir á edición dixital e procurala na hemeroteca) e darlle unha lectura denantes de continuar con esta.

Preguntábame eu, dun xeito retórico, se os acontecementos xudiciais-electorais que estamos vivindo estes días na política local e autonómica, coa baixada do vagón do ex-secretario xeral do PSOE, non estarán anunciando dalgún xeito o fin dunha era.

E preguntábame iso, non sen facer salvedade coa figura de Xosé Manuel Beiras -o derradeiro mohicano, con arco pero sen frecha, que nos queda-, para logo reflexionar someiramente sobre os novos xeitos que afloran e que van poñendo cada vez máis en xaque ós partidos políticos tradicionais, ó lles teren sido abertas as portas de par en par -a través das enquisas- a unha presenza en moitos casos creo que desmedida para o pouco que electoralmente aínda representan, gracias a que xurdiron amparadas por movementos cidadáns, mareas de colectivos profesionais, mesmo a través das redes sociais e outros sistemas organizativos máis ou menos asemblearios e presumiblemente abertos á poboación en xeral, sen esixiren inicialmente outra filiación política cá do compromiso persoal de cada quen con elas. Organizacións, repito, de debate democrático igualitario -unha persoa, unha voz, un voto- que representan -ou disque representan- a tendencia cara onde debe ir o futuro da xestión da "rex pública" ou, incluso se me apura, da república que no horizonte se espera.

Escribía eu sobre todo iso, para chegar a unha conclusión que agora repito, por se vostede -como dixen ó inicio- non tivo vagar de lela. Unha conclusión que me provocou continuar con esta columna porque, por falta de espazo, quedoume incompleta.

Dicía eu, por iso de poñer un contrapunto fronte ó pensamento unívoco das actuais mareas, que me daba a min que "os egos, os caudillismos e os superheroes non só decrecen, senón que van en aumento".

E dicíao, porque non deixa de constituír un curioso e insólito paradoxo que aquelas dúas formacións que máis apoloxía fan da política asemblearia e da democracia de base -Cidadáns e Podemos- sexan as que máis culto profesan ós seus líderes, que actúan -non me diga que non!- como dous caudillos modernos.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES