Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Casas literarias: Vicente Risco

viernes, 01 de mayo de 2015
O número 25 da rúa da Paz -antiga rúa dos Zapateiros- en Ourense é un vórtice literario de primeiro nivel. Que dous dos máis grandes escritores galegos do pasado século nacesen no mesmo edificio é un feito insólito do que custa procurar paralelos.

Casas literarias: Vicente RiscoNo primeiro andar desta vivenda veu ao mundo o 1 de outubro de 1884 Vicente Martínez-Risco e Agüero e alí pode lerse hoxe unha placa conmemorativa que o Concello de Ourense dispuxo polo seu centenario.

O certo é que Risco non viviu nela moito tempo, pois seus pais trasladáronse, sendo el noviño, ao número 6 da Praza do Ferro, onde residiu xa ata que casou en 1922 coa allaricense María del Carmen Fernández, coa que tivo catro fillos: Carmeliña, Antón (tamén el escritor e estudoso literario), Chus e Cruz. Logo da voda, o casal foi vivir ao número 47 da rúa Santo Domingo.

Foi esta vivenda da rúa Santo Domingo un dos epicentros da Atenas galega do seu tempo. Polos célebres faladoiros que alí se mantiveron pasou gran parte da intelectualidade galega daqueles anos e, xaora, a práctica totalidade da ourensanía, pois naquel piso dispuxéronse as liñas mestras de actuación que marcaron toda a Época Nós.

Mais a da Paz e a de Santo Domingo non foron as únicas moradas de Casas literarias: Vicente RiscoRisco. A cartografía vivencial do escritor debe completarse coa casa dos seus devanceiros na rúa Grande, 4, do Castro Caldelas (hoxe reconvertida en pousada rural que alberga unha biblioteca monográfica sobre o autor) e, tamén si, a casa patrucial da súa familia política, na rúa San Lourenzo, 3, en Allariz, actual sede da Fundación Vicente Risco, inmoble de titularidade municipal no que se custodian os fondos bibliográficos, documentais e plásticos tanto do creador de O porco de pé coma do de Margarida d’Ouridac.

Vicente Risco foise, tal día coma hoxe de 1963, para ser enterrado no camposanto de Vilanova, en Allariz. Deu o derradeiro adeus na casa da rúa Santo Domingo, non lonxe daqueloutra vivenda da rúa da Paz na que nacera, onde espertou aos soños dunha outra Galicia, esa que imaxinaba co seu veciño do andar de arriba entre subidas e baixadas polas escaleiras máis literarias do país.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES