Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un día para o libro

martes, 28 de abril de 2015
A prohibición de comer carne na Coresma naceu, aparte outros condicionamentos, para depurar o sangue dos humanos despois dos excesos festeiros do Antroido, e evitar males maiores por enchentes continuadas que non podían ser boas para a saúde.

Neste tempo de excesos políticos, é ben xeitoso que apareza polo medio un día de festa coma o de hoxe, festa literaria con maiúsculas, para desintoxicarnos un pouco de tanta política como últimamente se nos mete polos ollos –especialmente-, e polo resto dos sentidos. Sen esquecer que tamén ese sexto sentido que din que posuímos se ve afectado polas mensaxes repetitivas, que hoxe agardo sexan mitigadas porque o libro –que non creo que apareza moito polo medio das mensaxes políticas- reina hoxe na nosa sociedade, nos medios informativos, nas libreirías e en todos os que gustamos desta forma de transmisión da cultura, con séculos de historia, e –agardo- con séculos de futuro.

Teño dito e reitero que a min os libros despértanme os mesmos sentimentos que o diñeiro metálico aos avaros tradicionais: Góstame telos na man, follealos, agarimalos, poñelos nun lugar e cambialos logo… leelos, e volvelos a ler trinta anos despois para que me saiban a novo aínda que lembre anacos que quedaron impresos no seu momento na miña alma moza.

O recentemente celebrado Día do Libro, é coma o Día da Raza, o Día de Tódolos Santos, a festa do pobo onde nacemos, o cumpreanos da nosa parella, o día en que os fillos –tamén os nenos- botaron a andar… O Día do Libro, é a garantía de que, do mesmo xeito que non é verdade aquelo de que “O video matou á estrela da Radio”, tampouco Internet, nin youtube, nin facebook, nin as fotocopiadoras, nin os scanners, acabarán co libro que é unha antiga e fermosa fórmula que os humanos inventamos (sen ser consciente, a sociedade encargoullo a un tal Gutemberg, despois de intentalo con outros moitos) para aprender, expresarnos e seguir aprendendo. E así, ata o infinito.

Xa que vimos de celebrar o Día do Libro, felicidades a todos os libros, e a todos os que –alomenos unha vez- amaron un libro.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES