Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Begonte: Fillos predilectos

sábado, 25 de abril de 2015
Hai decisións que os concellos non prodigan, e sen embargo son de pura xustiza para cos veciños. Son aquelas que recoñecen as accións ou Begonte: Fillos predilectostraxectorias destacadas de persoas xeralmente recoñecidas, que pasan a disfrutar dunha consideración especial.

Para iso, as institucións municipais adoitan dotarse dun Regulamento de Honras e Distincións, segundo a que as corporacións poden conceder a Medalla do Concello por actuacións especiais, o título de Fillo Adoptivo para os residentes destacados que non naceron nel, e o de Fillo Predilecto, para os naturais do concello con méritos recoñecidos a moi diferentes niveis para acadar tal distinción.

Aínda que con maioría absoluta –metade máis un dos votos- abondaría para conceder unha destas distincións, o máis honroso, para as institucións e para os galardoados, é que a concesión se faga por unanimidade das forzas políticas do concello.

Iso ocorreu en Begonte, onde este sábado recibe o Concello como fillos predilectos un artista e un filósofo: o escultor de Baamonde, Victor Corral, e o filósofo, Mestre de filósofos, de Saavedra, Sergio Rábade Romeo.

Victor Corral amosa na súa Casa-Museo as probas ostensibles da súa magnífica arte escultórica, tendo na capela tallada no oco dun castaño milenario a mellor tarxeta de presentación. Sergio Rábade Romeo, despois de ser Catedrático en Santiago, foi Catedrático de Filosofía na Complutense da que agora é Emérito, da Universidade privada San Pablo-Ceu e do Colexio superior Ces-Don Bosco, sendo un abandeirado da moderna filosofía española e tendo como discípulos seus máis da metade dos actuais profesores de filosofía do Estado.

Os dous, desde este sábado, estarán inscritos no lugar de honra onde xa figura José Rodríguez Varela, o creador do Belén electrónico begontino.

Begonte honra aos máis destacados dos seus. E os máis destacados begontinos, co seu traballo, pensamento ou arte, honran permanentemente ao concello de Begonte. Noraboa a todos!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES