Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os carballos e os ferreiros de Xosé Manuel

miércoles, 29 de abril de 2015
Estimado Xosé Manuel: Eu, que hai pouco que gozo da túa amizade pero que a teño en estima, recibín o libro que te homenaxea como un sopro de aire fresco que te retrata e te fai imprescindible para nós. Es un corazón de loita nunha mente inqueda que fai medrar persoa a persoa unha comunidade enteira.

Coa ledicia e o humor intelixente por bandeira, ensínasnos un mundo cheo de posibilidades nas que ti estás como a raizame dun progreso á altura de todas as mans.

No libro descubrín ao cura, ao amigo, ao tío, ao irmán e sempre un home capaz de estar onde fai falla e con quen fai falla. Por iso, es, Carballo de firmeza e Ferreiro que forxa soños. Os teus amigos retrátante e moitos que es ti pero todos levan o selo inconfundible do teu humor e da túa solidariedade.

Eu queríache dar os parabéns por ter tantos amigos e sabelos coidar e dicirche que precisamos todos os carballos e os ferreiros que hai en ti para seguir facendo un país a medida dos soños. Xente coma ti forxa unha estela que é guieiro polo que construír un futuro noso e para nós no que cada man sexa a man da solidariedade. Co teu humor teces, cada día, este futuro no que moitos subimos para facer unha realidade á altura de cada soño.

Agardo seguirte atopando no activismo social, dando a man onde fai falta e forxando alicerces onde a ledicia camiña cara á liberdade. Es o noso exemplo vital e con moitos outros constitúes unha parte fundamental da conciencia que, día a día, nos impulsa a facer un país mellor.

Obrigado querido Xosé Manuel.

(O artigo de Iago Santalla está dedicado a Xosé Manuel Carballo Ferreiro, sobre o que douscentos amigos e amigas veñen de publicar o libro homenaxe CERNA DE CARBALLO).
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES