Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nin máis presa nin menos

jueves, 27 de abril de 2006
Da gosto escoitar a un político portugués dicir que non teñen máis presa ca os galeos polo Ave Vigo-Oporto, pero tampouco menos. Díxoo en Santiago despois de falar con Touriño Presidente.

O tema está moi ben se temos en conta que non hai moitos meses que o goberno portugués deixaba de lado este proxecto, fundamentalmente por razóns de tipo económico.

Cabe supoñer que tamén son razóns económicas as que neste momento se impoñen, porque a pesar de que o veciño país está inmerso nunha moi forte crise, o feito de que as dúas maiores Caixas de Galicia se poñan de acordo para adiantar a financiación puido e pode ser decisivo á hora de afrontar unha obra que se debe considerar imprescindible para o progreso do Eixo Atlántico.

Queda pendiente o outro Ave, ese que nos vai unir coa capital do Estado, que parece que vai pero xa veremos, que irá pero con Fomento topamos.

Xa era hora de que nos tomaramos en serio a unión con Portugal, tan lonxe e tan perto, con quen temos lazos moito máis ca seculares, co que xa é efectiva a conexión por estrada, e co que o Ave nos situará moito máis cerca.

Bo papel o das Caixas, o que lles corresponde, que virá confirmar a súa vocación de entidades sen fin de lucro, preocupadas polo país. A Xunta, no seu lugar, “a por todas”. E, desde Portugal, receptividade imprescindible cun proxecto que “pode non traer máis riqueza para eles que para nós, pero tampouco menos”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES