Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xurde a esperanza?

martes, 14 de abril de 2015
A vida, que apreta e ás veces afoga, en ocasións deixa marxe para a esperanza e polo tanto, aínda que utópica, pode ser acicate para perseverar na loita, mantendo a ilusión por acadar obxetivos, persoais ou colectivos, e mesmo por lograr unha sociedade mais xusta e solidaria. O xogo da convivencia é complexo, e non sempre doado, e ofrece atrancos que para superalos precísase dun contorno favorable, no que xogan un papel importante as institucións, para as que, en función de distintas consideracións (ideoloxía, formación, cultura, cortesía, diálogo, personalidade, suposta honestidade...) temos o dereito cidadán de elixir ós seus dirixentes.

E nesas estamos, coas eleccións á vista, ás que se presentan heteroxéneos e distintos grupos, coa artillería emplazada para a loita, por lograr que a súa respectiva recua sente os reais nas poltronas dos diferentes concellos, a cuxos veciños foron presentados oficialmente; acaso eso sí, cuchipanda de por medio, confirmando que segue vixente na crase política a súa tradicional disposición a “fincar o dente”.

O combate dialéctico, cos noxentos ataques, reproches, acusacións, reais ou imaxinadas, e os insultos mais ou menos encubertos, xa hai tempo que circulan, se é que algunha vez non o fixeron. Pero din os mais informados, que será a partires dagora, cos candidatos pegados contra as paredes e pendurados das farolas, cando arrecien e suban de tono.¡Qué ledicia, e cánto labor didáctico, exemplarizante, nese empecinamento dos líderes por conducir á cidadanía polos vieiros da cortesía, da cultura e o respecto!.

Din que se prodigarán os mútuos reproches, pois hai xentes que, tamén neste eido, entenden que a mellor defensa é un bó ataque, sobre todo cando non hai ofertas honestas e cribles. As eleccións van renovar facianas nas Corporacións. ¿Quere isto decir que renace a esperanza dun novo xeito de gobernar as instancias políticas, do que en boa medida a sociedade está desexosa?.

Xa nos contentaríamos só con que non se fixese realidade aquela vella sentencia: “a democracia ofrece cada catro anos a posibilidade de elixir ós que nos van decepcionar”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES