Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peregrinos por San Martiño

lunes, 06 de abril de 2015
Como a luz da Vía Láctea alumea e orienta polos camiños do Ceo, as rutas composteláns son guía e fitos luminosos, para chegar ó esclarecemento de ambos puntos da nosa historia. San Martiño non estivo fora da órbita das romerías xacobeas, nen sustraído ás súas influencias. Aínda que os que da igrexia escribiron o silenciaran, é un feito que así é calificada a antiquísima tradición, en documentos do S. XVI – houbo aquí, baixo a advocación de San Sebastián- hospedería ou Hospital, no que facían mansión os peregrinos que de afastadas terras a Galicia viñan.

Que non eran poucos o da a coñecer o sorprender a morte a bó número de alemáns, franceses, ingleses. Era natural que así fora, sobre todo nos primeiros séculos( IX, X, XI) da Reconquista que coinciden coa época de maior grandeza da igrexa catedralicia. Inseguras as terras do sur, do nacente reino astur-leonés, polas frecuentes excursións da morisma, a ruta norte astur-galaica era a menos exposta por estar mais a cuberto das correrías musulmáns....

A Asociación Abrindo Camiño, de ámbito comarcal, que dende Mondoñedo coordina Luis Ansedes, leva anos traballando a prol de que a Xunta recoñeza oficialmente como alternativa ó Camiño, a variante que, pola beiramar, leva de Ribadeo a esa xoia cultural que é San Martiño. Sen dúbida o acceso ó mesmo ven a engadir un atractivo de primeiro orde ó que é o Camiño Norte, á espera da nominación de Patrimonio da Humanidade. De contado vai celebrarse unha xuntanza entre membros de Abrindo Camiño e outras persoas e representacións, presidida pola Directora Xeral de Patrimonio, co fin de avanzar neste sentido.

San Martiño, onde amais do vello cenobio, coa bagaxe da historia e singular arquitectura – “exemplar único do pre-románico galego”—pode ollarse, mesmo ó seu carón, o Espazo Caritel, o Xardín Botánico de Caxigueiro, de máis de 3.500 m2, rebosante de variada e multicor flora, na que sobresae o mais dun cento de camelias, pretiño do obradoiro do que saen as pezas únicas que realiza o prestixoso mestre.

Daniel Caxigueiro, naturista, escultor e poeta, pon o contrapunto de vital humanidade naquel engaiolante museo inanimidado.

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES