Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo se volve unha porcallada

lunes, 06 de abril de 2015
Non quero pecar de pesimista, pero todo se volve unha porcallada. A nosa sociedade, se entende. A política, por suposto. Inauguracións que xa foron. Menos mal! Aínda que agora empezarán os mitins, é dicir, as parolas, os discursos dos tramposos… porque ofrecen o santo e máis a esmola para quedar todo, logo, en auga de bacallau.

Falemos dos mitins. Para que son os mitins? De que serven? A eles tan só van aqueles partidarios do partido que os lanza polos altofalantes, aqueles que os votarán de seguro. Para que perder tempo e diñeiro. O de tempo é o de menos, pero o diñeiro, os cartos si que se tiran con esas trapalladas, con esas falsidades. E berran e din e afirman e insultan e critican e prometen e volven dicir e seguen berrando para un público fiel. Non sería mellor aforrar ese diñeiro e invertelo noutros asuntos de maior interese. O mellor mitin sería un ou uns debates polas televisións e punto pelota.

Outra porcallada: o accidente que non foi tal accidente. É certo que os mortos son os mesmos e que xa non hai volta de folla, pero a acción cambiou de raio, ata creo que a dor é outra dor. Non é o mesmo un simple accidente que un accidente provocado.

Máis porcalladas: hai tantas… segue o maltrato ás mulleres, segue o maltrato ós árbitros. Quieto parado! Tamén se pode dicir que é o mesmo, polo menos a palabra maltrato. Pois non! Non é o mesmo. O maltrato ás mulleres sae en todas as portadas e provoca incluso manifestacións (que vexo lóxicas), mentres que o escarnio que se lle fai á arbitraxe sae nun recantiño das páxinas… dos xornais deportivos!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES