Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Administradores do tempo

jueves, 02 de abril de 2015
Desde pequena, teño oído que o tempo dao Deus de balde.
Agora de maior sigo pensando o mesmo.
De feito ninguén pode engadir un segundo á súa vida.

O que é diferente é a maneira de administralo.

O tempo, considerado como duración do noso paso por este mundo, é un ben que se nos regala no mesmo momento da concepción.
A partir dese momento empezamos a disfrutalo.

Na primeira etapa da vida empregámolo principalmente en medrar, pero conforme van pasando os anos, as responsabilidades tamén van aumentando e vémonos na necesidade de administralo.

En boa medida os nosos éxitos ou os nosos fracasos, están relacionados co uso que fagamos da administración do tempo.

De tal maneira que ós dezaseis anos un estudiante do noso país en condicións normais pode estar ou non estar en posesión duns coñecementos que lle permiten ou non acadar o certificado dos estudios básicos.

Tratándose de rapaces con capacidades e circunstancias normais:
¿Por qué unhas persoas conseguen o título e outros non?

A diferencia está na maneira de adminisra-lo tempo: unhas déronlle prioridade á preparación académica e outras adicáronse a outros menesteres ben diferentes.

Unha persoa xove, en condicións normais pode estar ou non estar, cualificada para desenrolar un ofico ou unha profesión.
¿Onde está a diferencia?

A diferencia está na maneira de administra-lo tempo. A primeira esmerouse en conseguir una preparación e a segunda pertence ó grupo daquelas que non saben ou non queren administrar correctamente o tempo que lles regala a vida.

-Moitas persoas con vida laboral fóra da casa, teñen a súa familia atendida e outras estando todo o día na casa, non a teñen.

-Moitas persoas, ademais de atender a súa propia vida, aínda dispoñen de tempo para exercer algún servizo a favor da sociedade; outras todo o tempo lles fai falta para a súa vida privada e aínda non lles chega.

-Unhas persoas son amigas de facer favores voluntaria e gratuitamente, outras, cobran o tempo por minutos.

-Unhas persoas teñen tempo para traballar e tamén para o ocio; outras ou ben traballan sempre ou ben lacazanean de por vida.
Santa liberdade.

¿Onde está a fórmula máxica?

Seguramente que non haberá fórmula máxica para ninguén.
Tódalas fórmulas teñen as súa ventaxas e os seus inconvintes.

Todo depende de onde poñámo-la mente e máis o corazón.

Cada persoa ten as súas prioridades e –aínda que pareza mentira- convén que así sexa.

Hoxe en día, non quero imaxinarme una sociedade onde tódolos seus membros estiveran en posesión de títulos universitarios, nin unha sociedade onde todos foramos analfabetos.

No mundo hai sitio para todos.

Uns necesitamos dos outros:

-Os ricos precisan dos pobres para que lles ofrezan os seus servizos.
-Os pobres precisan que os ricos lles dean traballo.

-Os sabios precisan ignorantes a quien instruír.
-Os ignorantes precisan quen os instrúa.

-Os avogados precisan de tercos e porfiados.
-Os bobos e porfiados, precisan dos avogados.

-O persoal sanitario precisa doentes.
-Os doentes precidan do persoal sanitario.

Todos necesitamos de todos.
Cada un no seu posto.

Cadaquén administra o tempo da maneira que mellor lle parece según as súas circunstancias persoais.

Desde o momento que chegamos a este mundo, a todos se nos dá gratuitamente un tempo para que poidamos realizármonos como persoas.
Unhas veces acertamos na maneira de administralo e outras erramos…

Din alí que é humano equivocarse, pero tamén é de sabios rectificar.

¡Felices cando rectificamos e nos superamos!

“AFÁN DE SUPERACIÓN” será o vindeiro título.

Ante de rematar, quero felicitar a todas aquelas persoas que acertan na administración do seu tempo porque ademais de ralizárense persoalmente son una gran riqueza para a sociedade.

Grazas a persoas como vostede que sabe administralo tempo, o mundo funciona o ben que funciona.

¡Graciñas!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES